Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ekilibuá

Dúas personaxes e o seu pequeno rebaño rodante ... A xogar!!!!

Xogos de construcción de plataformas diferentes. Xogando a ver quen sube máis alto, ata que non se poda máis... Sempre ollando a ver quen leva a voz cantante pero, sobre todo, xogando man con man.
EKILIBUÁ é un espectáculo que fusiona a teatralidade cos números acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos e moita complicidade.
 
Premio Mellor espectáculo de rúa na "FERIA DE TEATRO DE CASTILLA Y LEÓN 2014".

Galego

Cabaré de Varietés

Os Cabaré de Varietés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

O bufón do reino

Nunha mañá  soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei  dun reino o don da fala e da risa desaparecéronlle.
O Rei  non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao rei, os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer… e pensaban.

Pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala e da risa ao rei a cambio de case nada.

 

Galego

Velocíclopes

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, O propietario, Ser ou non ser e Os bos modais, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente,...).

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Un tonto no aire

Girisho Gordon é un artista de circo británico, que leva varios anos afincado en Galicia. Graduado na escola de Londres e tras amosar os seus espectáculos aéreos por toda Europa e nas Olimpíadas de Doha, presenta o seu novo espectáculo Un tonto no aire. Trátase dunha peza de circo para toda a familia con moito humor, habilidade e enerxía.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Picadillo circus

O espectáculo está enfocado para público familiar, cheo de ritmo, música e humor. As distintas disciplinas que se inclúen dentro do espectáculo son: zancudo, clown, mimo, maxia animada, monicreques, teatro na rúa, música ao vivo,...

 

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, novo circo e danza por concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Pistactiva: combinado de circo galego

O elenco de compañías e artistas que forma parte do Pistactiva é o mais destacado do Novo Circo Galego: como é o caso de Circo Expreso, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Trasno, Fredi ou Peter Punk, entre outros.
O espectáculo PISTACTIVA está formado por un espectáculo dobre para todos os públicos, de 90 minutos de duración, que engloba un pase de clown - malabares e outro de novo circo (acrobacias e/ou aéreos) a cargo de dúas das compañías que figuran no elenco.

 

Galego

Preséntame un pallaso

Os nenos e nenas pequenos poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles pouco a pouco dun xeito didáctico e moi divertido con elementos que sacará da súa maleta: perrucas, traxe, zapatos, maquillaxe, nariz,…

 

 

Galego

Lume

Historia de dous bufóns, Fulano e Mengana, que farán o tradicional conxuro da queimada. Mentras tanto, estes bufóns fan rir polo seu enxeño, as súas grazas ou as súas desgrazas a todo aquel camiñante que atopan no seu camiño.

Galego

Ruactiva: gala de circo

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de gala de circo e humor, onde están representadas unha selección das mellores compañías galegas do momento.
A gala de circo consta de varias actuacións de música ao vivo; acrobacias aéreas, trapecio, corda, teas; clown e maxia; teatro de rúa e humor.

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías de teatro e circo galegas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo