Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cualquier verdura

Todo está en equilibrio. O Home, ás veces non.

Como Rafael Dante.

O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.

Pero o seu equilibrio non.

Dun lado da balanza a técnica, a precisión, a concentración.

Do outro lado o disparate, a gargallada, o imprevisto.

A partes iguais, en equilibrio...

Como o humor co respecto.

Como o artista sobre os seus obxectos.

Como o noso ADN na súa estrutura,

ou como o de calquera verdura...

 

Galego

O autoestopista intergaláctico

O AUTOESTOPISTA INTERGALÁCTICO é un show de ciencia-ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicas, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas.
Un burato espazo-temporal entre varias dimensións é o pretexto argumental que dá pé ao arranque do show e que servirá de motor para a aparición de cada personaxe.

 

 

Galego

Con lingua propia

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.
Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!
Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.

Galego

Tavole

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.

TAVOLE é un espectáculo que xira en torno a dous personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levarán a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.

Galego

Bagaxe

As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade está cargada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas “Nono” e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Máis ¿qué pode sair mal cando se trata dunha combinación tan explosiva coma a de dous artistas coa sua propia bagaxe emocional? Seredes testemuña dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan cunha explosión de creatividade.

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

Cabaret de variedades Pistacatro

Cabaret de VARIEDADES PISTACATRO propón unha viaxe pola historia do circo a través dun espectáculo de variedades, no que os números de circo (aéreos, acrobacias, malabares, …) non só se presentan como exhibición de habilidades, senón como parte dunha dramaturxia que reivindica o circo tradicional e a súa evolución ata hoxe. 

 

Ficha artística

Autoría: Pistacatro Productora de Soños

Dirección: Pablo Reboleiro 

Adaptación: Pablo Reboleiro e Antón Coucheiro

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Galego

Compaña

COMPAÑA fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.

Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva o público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

 

Ficha artística

Autoría: Jesús Velasco

Dirección: Jorge Jiménez, Jesús Velasco

Elenco: Jesús Velasco

Galego

Teatro de papel

TEATRO DE PAPEL é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da imaxinación.
 
TEATRO DE PAPEL é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico.
 
É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo detense e a poesía danza.

 

Ficha artística

Autoría: Rauxa

Galego

Cirkote

CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo