Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A lenda das meigas

Un espectáculo de pura acción, onde se combina de forma maxistral as técnicas na manipulación do lume, e a maxia e o misterio dun mundo tan apaixonante como é o das meigas.

Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirófaga, humor e trato directo co público.

Galego

Pallaso total

Duende Circo é a creación de Víctor Cantero, un ser adicado a revolucionar e a sorprender, en calquer momento e lugar. Un artista multidisciplinar, apaixoado da vida!

Habilidades e fracasos para tódolos públicos. Humor, malabares, música e maxia, son algúns dos ingredientes deste explosivo cóctel.

Galego

Polis tolos

Estes policías encargaranse de poñer orde e respecto nas rúas, a súa maneira!!. Personaxes cómicos que basearán a súa animación na interacción constante con todos os peóns, á vez que publicitan e difunden a actividade que se lles encomende.

Galego

Cabaret de Circo Moc Moc

Cabaret de diferentes compañías con números de clown, malabares, lume ou equilibrios e moita interacción co público. O Circo Moc Moc Miúdo é unha adaptación en pequeno formato do seu irmán maior Circo Moc Moc. Espectáculo familiar, único e irrepetible, que fará vibrar a todo o público coa súa maxia.

Adaptable tanto a interior como a exterior; consultar condicións técnicas en cada caso.

Galego

Sen Patrón

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.

Galego

Crunch 2!

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen un título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. 

Galego

Asacocirco Show

Un espectáculo para todos os públicos que nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous clowns deste divertido mini circo. Mirroska explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión, Juanito este neno grande é un cocktail de técnica e humor, da fusión destes dous pallasos e o público, créase a maxia do teatro de rúa, con risas aseguradas. Combinan humor, e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica, ritmo e poucas palabras. Un xogo cómico onde o espectador sentirá moi implicado e que sempre hai lugar para a sorpresa.

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! ¿Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre?

Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo