Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Circo de lume

Unha experiencia explosiva e ardente de acción sen pausas! "Circo de Lume" está deseñado para captar toda a túa atención, darche calor e deixarche hipnotizado. Este show ofrece unha infinidade de números vibrantes que fusionan danza, malabares, pirotecnia, conexión próxima co público e unha faísca de humor impredicible. Cada acto brilla con efectos visuais asombrosos elevando a técnica de manipulación con lume á súa máxima expresión. Un show que leva a arte de lume a novas alturas e que desafía os límites do posible

Galego

Chungo que te cagas

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

Galego

Abracadaver

Abracadaver é un espectáculo de circo terrorificamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos. A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver.

Galego

Circo Cambuche

Obra de teatro-circo que narra en clave de traxicomedia a historia dun antigo circo do século pasado, “O Circo Cambuche”

  Kike Castro, o derradeiro supervivente deste vello circo, lembra no presente a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final.

  Tódolos domingos pola tarde, o noso protagonista visita a vella carpa da familia e alí, embriagado polas lembranzas do circo, xoga, maquillase e fantasea actuando para un público imaxinario

Galego

Otros aires

Espectáculo de acrobacia en dúo, tango e comedia.

Unha viaxe a un universo arxentino, creando unha atmosfera única con picardía e humor.

Unha invitación para coñecer e penetrarse no mundo dunha parella con marcadas características propias e dun país onde a aceptación da inestabilidade e a presenza de flexibilidade é fundamental para subsistir.

Galego

Circo doble expresso

Con máis de 20 anos no mundo do circo, Raquel e Girisho presentan o seu quinto espectáculo de circo contemporáneo.
Dous eminentes artistas de circo esfórzanse por demostrar quen é o mellor artista. Girisho ten confianza, é entusiasta pero non moi intelixente. Raquel é estrita, metódica e moi hábil. Non se deterán ante nada para gañarse a aprobación do seu público. 
Un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, Hula hoops e ...moito máis.

Galego

A vida tola de Pajarito

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucéndese momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, a número dous e tamén ... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!!!

Galego

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

 Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

Galego

Cualquier verdura

Todo está en equilibrio. O Home, ás veces non.

Como Rafael Dante.

O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.

Pero o seu equilibrio non.

Dun lado da balanza a técnica,a precisión, a concentración.

Do outro lado o disparate, a gargallada, o imprevisto.

A partes iguais, en equilibrio...

Como o humor co respecto,

Como o Artista sobre os seus obxectos.

Como o noso ADN na súa estrutura,

ou como o de calquera verdura...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo