Dende arriba
Espectáculo de acorbacia con pórtico e estructura
Espectáculo de acorbacia con pórtico e estructura
Un cambio de look para todos os públicos.
Un xeito de ver as cousas dende outro punto de vista, unha visión de como adaptarse para seguir sobrevivindo. Unha barbería itinerante que non ten lugar físico concreto. Adapta o seu traballo ó tipo de público e ó espazo onde se atope.
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.
Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?
Que pasa cando se torcen as cousas?
"O roce fai o cariño", din...
Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.
O lume sempre foi usado en cerimonias de miles de pobos, e culturas dos nosos antepasados. É un elemento sacro, ademais da súa utilidade para a supervivencia esta presente en innumerables rituais visionarios, de sanación, purificación, sabedoría, e de unión. En homenaxe ao sacro lume e todas as tradicións ancestrais facemos unha ofrenda aos deuses do lume de moitas culturas cun espectáculo de lume místico. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma misteriosa de transformar as técnicas presente en «Circo de Lume» a un show espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo.
“The Show Moscón ” é un circo “varieté” itinerante, presentado por un Moscón gordo e rollizo. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os distintos números que hai no seu interior.
Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título.
Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes.
Con máis de 20 anos no mundo do circo, Raquel e Girisho presentan o seu quinto espectáculo de circo contemporáneo.
Dous eminentes artistas de circo esfórzanse por demostrar quen é o mellor artista. Girisho ten confianza, é entusiasta pero non moi intelixente. Raquel é estrita, metódica e moi hábil.
Non se deterán #ante nada para gañarse a aprobación do seu público.
Un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, Hula hoops e ...moito máis.
Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!
Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a pior cando o seu axudante non aparece. Erros, triunfos frustrados, material improvisado para sacar adiante o espectáculo: unha vasoira que cobra vida, un monstro no medio do público con chapuzón na auga incluído... e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila!
Clown, malabares, equilibrios e lume son o resultado dun espectáculo no que prima a participación e interacción co público no que este devandito personaxe terá que amañarse para sair victorioso e bulir a fume de carozo para a vila correcta.
Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?
Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!
Un espectáculo en prol da igualdade que busca concienciar sobre a importancia de colaborar nas tarefas domésticas a través do xogo e a imaxinación.