Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O último que apague a luz

Neste espectáculo o público asistirá a unha boda! Esta cerimonia busca ser un momento de humor e de reflexión. De reflexión dos roles de xénero, das novas tradicións: o puro para os homes e o lanzamento olímpico de ramo para as mulleres; se o amor é un acto de rebeldía. Neste espectáculo, coma en calquera boda, hai equilibrios con tarta, malabares, clown… Agardamos por vós para a nosa celebración!

Galego

Latas

Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase. Unha invitación para xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.

Galego

361º

Proyecto Tránsito é a unión dunha forza da natureza e unha enerxía única en escena, encarnada pola sevillana Clara Raíña, e o enorme talento, intuición e oficio da directora de escena Ana Donoso Moura.

Candonas nubes vemos unha tartaruga, tartaruga é unha pareidolia?. Unha pareidolia é un efecto psicolóxico que fai a nosa mente para darlle orde ao caos, poñer nome e forma a aquilo que o noso cerebro non recoñece. 361 GRAOS, é nosa propia pareidolia da Teoría do Caos.

Galego

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.

Galego

Peter Punk Chungo Ke Te Cagas

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

Galego

La punta de mi nariz

Voltamos ás orixes para reconstruír unha memoria común.

Costumes sen sentido aparente, pero que dan lóxica á nosa forma de ser.

Seis corpos en xogo, seis mundos.

Á deriva cara a unha realidade conxunta e compartida.

Onde nos coidamos, nos empurramos, nos deslizamos, nos portamos.

Os portes acrobáticas e o canto como oportunidade para deformalo todo e convidarvos a coñecer moi de preto as nosas peculiaridades.

Galego

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.

Galego

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem,

Galego

O gran circo galego

De compañías como EMEMAISUN, Odaiko percusión ,Mago Noel, Johana Aereos... sale a sinerxia desta Gala que non ten outro propósito que xuntar enerxías de diferentes modalidades é facer del un SHOW "ESPECTACULAR" . Humor, xestualidade, música en directo, acrobácias, máxia e moito síntoma de CIRCO renovado  faránse eco nesta "festa do CIRCO"

Galego

Benito e Rufina

A familia sae  facer a compra, iso si, con moita marcha!, sempre bailando e de bo humor, contaxiando ás persoas que se atopen desta alegría!.

Ao levar microfonía inalámbrica, hai posibilidade de ir anunciando a labor que se lles encomende.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo