Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Glamping

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia? Que pasa cando se torcen as cousas? "O roce fai o cariño", din...

Galego

Kimera

Un muelle de carga, persoas que traballan, pasan ou chegan en busca dunha vida mellor.

Kimera plantéxanos unha mirada á sociedade actual; quere mostrarnos a fraxilidade desas pequenas cousas que fan grandes ás persoas. Invítanos a pensar no motivo que move a tanta xente a deixalo todo para ir a un lugar descoñecido. Desamparados, sen relacións, onde o futuro, por moi incerto que sexa ou por moi escuro que pareza, sempre é máis esperanzador que o lugar de orixe.

Galego

Hoxe si!

Temos un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire. Temos música, os temazos e temones da nosa vida, temos circo, un micro, temos ganas e moita actitude. Hoxe Si! É unha invitación a xogar, a disfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor

Galego

Rudi Dudi: Clownnamorado

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos. Ata que un tropezo lévao a un xogo inesperado que o arma coa suficiente valentía para dar o salto ao baleiro e declararse coa axuda imprescindible do público... Levará un pau? Ou xurdirá o amor? Unha comedia xestual e interactiva para toda a familia.

Galego

Lila Star

Lila Star chega á túa cidade cun show cargado de circo, funky e humor. Esta artista obsesiva da cor lila e o brilli-brilli percorre o mundo na súa bici para mostrar en cada praza as súas habilidades como artista, equilibrista e ama da pista! Acrobacias, rola-bóla, elquilibrio de mans e clown únense neste disparatado show, onde algunha invitada inesperada poñerá a proba a paciencia da nosa protagonista.

 

Galego

Polos pelos

Un cambio de look para todos os públicos.
Un xeito de ver as cousas dende outro punto de vista, unha visión de como adaptarse para seguir sobrevivindo. Unha barbería itinerante que non ten lugar físico concreto. Adapta o seu traballo ó tipo de público e ó espazo onde se atope.
Calquer lugar, transformarase nun espazo onde o circo, a maxia e todas as cousas que saian da nosa imaxinación teñen cabida. Él mesmo aprenderá que cos soños calquera pode facer o que se propoña. E o que era un simple barbeiro, vaise transformar en todo un artista.

Galego

LeTriska Inmóbile

Isla Le triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo: malabares, pallaso, equilibrios... con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiás, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería.

Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

Galego

Hell Brothers

Rejhuz e Glakghs Setén son dous pequenos diaños, os fillos ni-ni de Satanás. O seu pai, canso destes dous inútiles, decidiu botalos do inferno para que aprendan a gaña-lo mal eles mesmos. 

Rejhuz, o mais grande, é un ególatra petulante que inventou un dispositivo para conseguir almas e demostrarlle ao seu pai que é un digno herdeiro. Xunto á súa irmá Glakghs, unha completa imbécil que o segue a todas partes, chegan á Terra dispostos a dominar á humanidade pero... que atoparán? Son realmente estes dous "pobres diaños" tan intelixentes como presumen? 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo