Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Hell Brothers

Reijhuz e Glakghs son os fillos do mesmo Satanás, quen, farto de aguantar a estes dous ninis malcriados, decide expulsalos do averno para que aprendan a gañar o mal por eles mesmos; aspirando así a poder ser emérito ao fin. 

Galego

Abracadaver

Abracadaver é un espectáculo de circo terroríficamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos. A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver...

Galego

O Show de Fifo

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar. Espectáculo de interacción constante co público,de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño ven cumplilo...

e se tes sono ven durmilo!!

Galego

KALDI

Un trapecio, unha mesa, unha cadeira e moito café, sobre todo, moito café.

Unha jovén trapecista fala a través de acrobacias aéreas e movemento da súa visión sobre o café, símbolo da rutina diaria na que estamos atrapados, repetindo o mesmo patrón unha e outra vez. 

Como podemos escapar desta rutina? 

Galego

Circo de Nadal Vigo 2022

O Circo de Nadal, este ano conta a historia dunha panadería en apertos, e que mellor localización para narrar esta historia que a gran Panificadora de Vigo. Unha bonita maneira de contextualizar unha historia fantástica nunha localización local e achegar ao público á historia recente da nosa cidade.

Cun elenco composto de 15 artistas con acrobatas, malabaristas, equilibristas e payasas vindos desde Madrid, Italia, Brasil, Arxentina e Vigo. Unha historia que pretende axuntar a maxia do circo e do nadal, para facer gozar ao gran público.

Galego

Parade, o Circo dos Valentes

Un par de comediantes chegan á praza dun pobo e montan a súa pequena carpa de circo para exhibir a súa única atracción, Babar, un elefante bebé que quere ser artista, pero témelle aos humanos. A través do teatro de obxectos, as artes plásticas, a música en directo e inspirada no circo de outrora, A Maquiné tráenos esta proposta chea de vitalidade, humor e tenrura, na que coñeceremos a historia de Babar e como chegou ao circo dos valentes.

Galego

Kochambre

...unha sorte de almacén imaxinario que depara grandes sorpresas dunha narrativa visual apabullante.
Un pallaso cotián, de aqui e agora, que se desposúe de toda indumentaria e preséntase só na súa esencia, ao espido, a cara limpa, sen estereotipos que o molesten, ... sen trampa nin cartón..

Galego

Galtük. Un sueño de Navidad

Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de diversos personaxes que lle axudarán a avanzar superando as adversidades. O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena, que no seu soño desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de circo.

Galego

MLM (Mentir lo mínimo)

Circo Minimalista.

Cremos que na sinxeleza está a esencia e a oportunidade de sentir máis amplamente todo o que non se ve.

A acción sinxela é, para nós, a lupa das sensacións.

Un espectáculo que, coa súa aparente simplicidade, achéganos á complexidade da aceptación dun mesmo.

Simple, poético, e con toques de humor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo