Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Circo Moc Moc

Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo de aproximadamente unha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas, lume e moita interacción co público. A Gala de circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, confeccionado especialmente para cada ocasión, que fará vibrar a todo o público coa maxia do circo.

 

Galego

Rogelio, un pallaso en recuperación

Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de doce pasos atópase no último chanzo. Paso número doce: Ser quen de facer en público o que máis lle gusta: A maxia. Rogelio, un pallaso en recuperación é unha entrañable historia de autosuperación para os que non sempre gañan, ou dito de outra maneira para os perdedores. Este divertido espectáculo de clown para todos os públicos pon sobre o escenario un dos grandes retos da humanidade: ser quen de rirnos de nós mesmos.

Galego

Somos circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

4.0

Espectáculo no que se misturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia sitúanos a unha muller e o seu día a día intentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade, amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, terna e por momentos absurda.  

Un fantástico espectáculo de aéreos que suma á súa espectacularidade: contido, unha historia necesaria e unha coidada dirección e posta en escena.

Galego

Circando

Circando parte da idea dos circos en ruta para ofrecernos unha proposta de variedades única. Abrindo esta dinámica a todas as disciplinas, como sempre foi norma no mundo circense, unimos as rutinas e números máis destacados de cada momento nunha velada única.

Traemos unha proposta ateigada de humor, acrobacias, maxia e sorpresas cun fío condutor que imos adaptando a cada ocasión e espazo.

Galego

Cirkote

CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Galego

Clownamorado

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos.

Galego

Circo na casa

Para este clown os roles entre home e mulleres aínda non están moi claros. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto. Pero son tan fáciles como parecen? Con moitas torpezas e humor seguro que este circo ten arranxo.

Todo isto mesturado con malabares ou equilibrios utilizando «cousas de andar por casa».

Espectáculo de clown e circo a favor da igualdade de xénero.

Espectáculo reestreado con novo formato en agosto de 2022.

Galego

Jano sen medidas

Xogar coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mesturar a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o desenfrenado inxenio coa participación do público. Celebrar un gol, saltar á corda, percorrer unha distancia sobre as mans, soñar vendo as estrelas, imitar un bailer ridículo, argallar unha broma ou crer na maxia. Humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo