Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

Crunch!

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Orquestra de malabares

Orquesta Malabar é un proxecto singular que auna o mundo do Circo co mundo das Bandas Municipais de Música. A proposta consite na actuación conxunta dA banda Municipal en cuestión e un grupo de 6 malabaristas-actores-bailaríns. A proposta escénica versará sobre as corredorías que lles acontecen a dúas compañias de artistas (malabaristas e músicos) ó chegar o momento de actuación perante o público.

Galego

Abracadaver

Abracadaver é un espectáculo de circo terroríficamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos. Abracadaver é un divertidísimo show de rúa para todos os públicos.

A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver...

Galego

Peor imposible

“PEOR IMPOSIBLE”

O cuarto espectáculo de Peter Punk. Un novo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde da mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Galego

Hoxe si!

Hoxe é o día.

Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Galego

Malabarian on the Rox

Malabarian, reputado e elegante malabarista, vese nun apuro antes de comezar o show no que terá que intervir unha espontánea e inesperada axudante coa que lle acontecen todo tipo de situacións.  Ó final, conseguen sair airosos. 

Malabares clásicos, con antipodismo, malabares coa boca, hulas hopps, e moitas dosis de  humor.

Galego

O Show de Fifo

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.

Espectáculo de interacción constante co público,de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño ven cumplilo...

e se tes sono ven durmilo !!

Galego

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior.

Galego

Glamping

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.

Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?

Que pasa cando se torcen as cousas?

"O roce fai o cariño", din...

Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo