Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A lenda das meigas

Un espectáculo de pura acción, onde se combina de forma maxistral as técnicas na manipulación do lume, e a maxia e o misterio dun mundo tan apaixonante como é o das meigas. Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirófaga, humor e trato directo co público.

Galego

Forzu2

O humor e o absurdo son os fíos cos que se corcose a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabas que poden aparecer en calquera momento. Mais estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Galego

Oh-Pera!

OH-PERA

Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos. Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista. Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas.

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! ¿Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre?

Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Asacocirco Show

A Cía. ASACOCIRCO transforma calquera espazo nun pequeno gran novo circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións, conseguindo deste xeito que o público de todas as idades o pase en grande.

Investigaron, crearon, viaxaron, riron e tamen choraron ata conseguir o que hoxe é o seu último espectáculo "Casal em risco" presentado en diversos festivais de teatro e circo de rua.

 É un espectáculo para nin chiscar un ollo!

Galego

Circo de lume

Un espectáculo de acción pura, co obxetivo de manter a atencion ao 100% e impresionar ó publico. “Circo de Lume” é para todos os públicos, ideal para a noite. Consta de emocionantes números, que misturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo có publico. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con mais de 15 anos de entrenamento, executan este perigoso show de forma segura, e cheo de efeitos visuais, dignificando o motivo dos actos con lume.

Galego

Up2down

Up 2 Down, é un espectáculo de danza- circo, xesto e poesía visual. Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo e dirixidas por un paiaso. Apto para todos os públicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo