Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pinga a Pinga

Un espectáculo de concienciación onde a rapazada aprenderá dun xeito divertido e entretido como facer un bo uso da auga.

O doutor Fauchis coa axuda do pallaso Lolo e as súas tolerías, axudarános a facer un uso responsable da auga por medio de consellos moi doados e sinxelos o alcance de todos/as.

Galego

Cirqueiras

Espectáculo con diferentes números de danza, música e humor. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres. Un elenco de artistas que ademais do seu bo facer transmiten unha potente mensaxe de empodaremento e sororidade. 

Galego

A Queima da fachada

UN ESPECTACULO ONDE SE COMBINAN DE FORMA MAXISTRAL RUTINAS DE LUME, CON ACROBACIA, E DANDOLLE MOITA IMPORTARCIA AS LUCES E A PIROTECNIA FRIA. PURO DINAMISMO E ACCIÓN DURANTE TODO O ESPECTÁCULO. IDEAL PARA TÓDOLOS PUBLICOS.

Galego

Lume

Lume é a terceira produción da Cía. DuKtO, un espectáculo para todos os públicos cunha escenografía dinámica, onde as luces e sombras achegan novas dimensións que se combinan con texturas e cores.
O espectáculo presenta un mundo íntimo entre os catro intérpretes, ambientado nun espazo en branco que ben podería ser un barco ou un castelo de sabas de nenos.

Galego

Isolada

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!

Galego

Somos Circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

A Chungatrona

Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo. A destreza dun voluntario con tres aros e un trebello baleira ideas. E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.

Galego

PATRUYASOS

Dous personaxes excéntricos, en clave de clown, crearán mundos de fantasía, risas, sorpresa, tenrura e forza. Puro xogo a través dunha linguaxe sinxela, transparente e directo. Penétranse nun mundo desordenado, atopará sentido con rutinas de malabares, e maxia cómica. Desde entón a súa paixón polo circo foi crecendo e xuntos descubriron outros moitos elementos cos que poder xogar e interactuar.
Patruyasos é diversión, asombro, poéticos, improvisación…

Galego

Legado de Tibu

Estectáculo para público familar con personaxes fantasticos, e todo un elenco de personaxes que a través das cancións se sempre, farán que os máis pequenos da casa pasen un anaco inesquecible.

Galego

Benito e Rufina

A familia sae facer a compra, iso si, con moita marcha! Sempre bailando e de bo humor, contaxiando ás persoas que se atopen desta alegría!

Ao levar microfonía inalámbrica, hai posibilidade de ir anunciando a labor que se lles encomende.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo