Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Desastronauts: Somos circo

Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados ambos da escola The Circus Space de Londres, formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria ten levado as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres.

Galego

Plato, platito, platete

Showman. Actor. Malabarista. Javi Javichy é El Malabarista de la Pista. Cunha dilatada experiencia na realización de animacións en eventos e festivais, Javi creou a súa compañía hai máis de tres lustros. Primeiro autodidacta e despois alumno, o artista pasou diversos períodos de formación en distintas escolas de teatro e circo. Durante a súa carreira, traballou en diferentes medios, destacando as súas intervencións en programas como Un, dos, tres, ¡A leer esta vez!, Club Megatrix ou Pecado Original, e realizou máis de 5.000 funcións nos cinco continentes.

Galego

4.0 Sue Moreno

Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.

Galego

Kaldi

Ao Gran é unha compañia de circo con espírito novo con ganas de compartir a súa visión do mundo a traves das artes circenses. Kaldi trata sobre a linguaxe da acrobacia para falar das rutinas? é unha coprodución da Compañía Maintomano coa o Gran Cía e conta coa interpretación do artista Johanna Hesse.

Sinopse

Un curioso ser fala a través de acrobacias aéreas e movemento sobre o mundo do café. A súa rutina diaria parece que está a ser do mais normal, ata que o café empézalle a afectar.

Galego

C´est pas posible

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función. Afeita traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille en escena.

Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vai ser alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer aquilo que cría imposible.

Galego

A lenda das meigas

Un espectáculo de pura acción, onde se combina de forma maxistral as técnicas na manipulación do lume, e a maxia e o misterio dun mundo tan apaixonante como é o das bruxas.

Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirófaga, humor e trato directo co público.

Galego

Deja Vú

Elenco: Manuel Alcántara e Andreu Sans

Sinopse:

Unha proposta de circo persoal, fronteirizo co teatro físico (apoiado noutras disciplinas como os monicreques, proxeccións,etc.) onde a curiosidade, a intuición e as ganas de explicar as cousas dunha maneira singular son o motor principal.

Déjà-vu fala da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que querería ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero tamén imposibles, abocándoo ao desánimo.

Soño ou realidade?

Galego

Suspensión - Nueveuno

Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúxanse e celebran xuntos. Están a lanzar coitelos contra a súa propia sombra, mirando para si mesmos, movendo os focos para iluminar espazos distintos, mostrando a súa intimidade, e espíndose para escoitar. Homes que se cuestionan constantemente, pero deléitanse na súa propia identidade son, á fin e ao cabo, cinco homes.

Galego

Clowns

Despois do gran éxito de Circlassica  e Circo Máxico, Produtores de Sorrisos presenta CLOWNS, un show no que os espectadores gozarán con 5 visións do humor, 5 miradas ao absurdo, 5 clowns que conseguirán converter o sorriso en gargallada.

CLOWNS nace para lembrar ao público o necesario que é rir, aplaudir e compartir cos teus momentos inesquecibles.

Por todo iso, queridos espectadores, preparen o seu mellor sorriso porque chega o espectáculo máis divertido e poético dos últimos tempos.

Galego

Deja Vu

Unha proposta de circo persoal, fronteirizo co teatro físico (apoiado noutras disciplinas como os monicreques, proxeccións, etc.), onde a curiosidade, a intuición e as ganas de explicar as cousas dun modo singular son o motor principal.

Deja Vu fala da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e do que querería ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero tamén imposibles, abocándoo ao desánimo.

Soño ou realidade.

Un espectáculo visual, suxerinte e arriscado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo