Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festaclown: Oh-Limpiadas

Dúas limpiadoras aburridas da súa rutina diaria entran nun mundo de fantasía onde a súa xornada laboral é retransmitida como se dunha competición olímpica se tratase. Un mundo absurdo e disparatado narrado a través da voz en off de Julia Luna, comentarista dos mundiais e os XXOO de TVE. 

Compañía: Sincronizadas. 

Galego

Festaclown: Qué buen día !

Chova, neve ou granice... para Martina sempre pode ser un bo día!. Hoxe ven a demostrarnos que quen soña e abre ben os seus ollos poder ver un mundo con infinitas posibilidades. 

Un espectáculo para xente con ganas de pasalo ben, abstéñanse aburridas, tramposas e outras persoas sen ganas de xogar nin de imaxinar. 

Compañía: Maite Guevara. 

Galego

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento convértase nunha agradable aventura.

Galego

Punkdemia. Novo espectáculo viral

Pankdemia é a nova proposta da compañía Peter Punk Pallaso, un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión particar dos novos tempos que nos toca vivir da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas,EPIs, equilibrios, e moitas risas. 

Un novo espectáculo xa que xa está en desescalada... Próximamente nas rúas!

 

Galego

Forzu2 (con aéreos)

O humor e o absurdo son os fíos cos que se forma a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabras que poden aparecer en calquera momento, mais estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.

Coa presenza constante da técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, agochados baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.

Galego

C´est pas Possible

Un espectáculo en clave de clown que invíta a ver que sí é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo