Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A corda

Elenco: Ana Cuervas

Como unha cometa sen fío, dende o humor e o circo, esta pallasa fala soa, contéstase, vai e vén porque non atopa o seu lugar. Acompañada pola súa fiel bañeira, a que a fai soñar e reafirmar, que os tolos, non son tan tolos. Que a loucura, cúrao!

Galego

Máis alto aínda

Desastronauts chega cun incrible espectáculo de acrobacias aéreas que inclúe técnicas de trapecio en voo, unha especialidade tan espectacular, como arriscada e pouco habitual.

Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.

Galego

Atempo

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución humana. A través da performance, a danza contact, o humor do teatro de imaxes e de impresionantes figuras de man a man, este dúo de artistas conduce ao público nunha viaxe aos instintos da humanidade, propoñendo unha visión diferente do que é ser humano hoxe en día.

Galego

Circando

A Gala de circo na rúa, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías e unha banda de música ao vivo nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo introducido por unha mestra ou mestre de cerimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.

Galego

Abracadaver

Elenco: Dani Blanco

Volve Rogelio, cun espectáculo desde a súa casa. Unha cura colectiva para perder o medo. Unha terapia de choque. Cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos porán os pelos de punta.

Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos.

Galego

Oh-Pera

Circo, humor, equilibrio e acrobacia ...nunha ópera surrealista na que os actos se entrelazan entre si dunha forma divertida que non entende de lóxica ou de época.

Galego

Desastronauts: máis alto ainda

Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados ambos da escola The Circus Space de Londres, formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria levou as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy' s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres.

Galego

Circo Chosco: Choscando

Circo Chosco créase ao coñecerse Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo, así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación… Despois tomaron diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez botoulles unha man na dirección do espectáculo Chosco!

Galego

Sue Moreno

Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.

Galego

O autoestopista intergaláctico

Un show de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan ó público con monólogos esmendrellantes.
Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do … Autoestopista Intergaláctico!
Artista en escena: Aitor Garuz
Técnicas Circenses: Malabares, monociclo, clown, transformismo e humor, moito humor

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo