Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Antuan de la Cream

Este paiaso pasará por varias emocións ao longo do seu espectáculo, desde a serenidade absoluta ata o máis puro nerviosismo. Iso si, case nunca, repito, case nunca ... perde o control.

A naturalidade do personaxe fai que conecte rápidamente co espectador e como bo amante da improvisación encántalle verse en problemas, conseguindo facer destes os momentos triunfantes da velada

Galego

A vida tola

Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públi­cos, achéganos o peculiar universo desta muller-nena que anda salta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. 

Pajarito é a número un, e a número dous tamén .... é patrimon­io da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! 

Galego

Riscando o ceo

Riscando o ceo  lévanos a un mundo onde o circo aparece  en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias, e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas.

Porque "o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón" (Antoine de Saint-Exupery, O principiño).

 Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe no risco e no humor. Un espectáculo de circo que emocionará  a todos os públicos a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés

Galego

C´est pas Possible

Un espectáculo en clave de clown que invíta a ver que sí é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Punkdemia. Novo espectáculo viral

Pankdemia é a nova proposta da compañía Peter Punk Pallaso, un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión particar dos novos tempos que nos toca vivir da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas,EPIs, equilibrios, e moitas risas. 

Un novo espectáculo xa que xa está en desescalada... Próximamente nas rúas!

 

Galego

Crunch!

Elenco: Óscar Paez e Dani Blanco.

Onde están cando se lles necesita?

É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Flashtop Cabaret

Intérpretes: Alba Fernández Troiteiro, Nelson Quinteiro, Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casas, Vero Guerra Fandiño, Kathy Sánchez e elencos variables.

Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa con coreografías e escenas de cabaré ao máis puro estilo berlinés.

Dinamización comercial, street márketing e cabaret de impacto ou de guerrilla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo