Futuro Animal
En Futuro animal, a idea de fábula como xénero de ficción serve de punto de partida para construír un (auto)retrato das características universais da natureza humana, cos seus vicios e os seus costumes. Así, a potencia social, discursiva e poética do circo contemporáneo ponse ao servizo dunha visión distópica do futuro, no que os seres humanos están transformando voluntariamente os seus corpos nos de animais.