Letriska Inmobile
Letriska Inmobile combina disciplinas de novo circo, como malabares, pallaso ou equilibrios, xunto a excentricidades e xogos co público. O protagonista busca sorprender a todos realizando proezas como malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. O espectáculo reúne habilidade, perspicacia, velocidade mental e, sobre todo, tolería.

