Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

AparvaOlimpiadas

Un amago de atleta polipatético se verá involucrado en multitude de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura remata sendo un desastre, tenta acadar o éxito nos deportes máis coñecidose o único que logra é o fracaso máis absoluto.

Logrará acadar a ansiada medalla?

Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para rematar coa vitoria máis ridícula xamáis vista na historia.

Galego

Oceanika, El tesoro de Poseidón

Evolution Circus volven a Vigo coa súa nova produción: Oceanika, O tesouro de Poseidón. Un espectáculo educativo que busca concienciar a nenos e adultos sobre a importancia dos mares e todos os perigos da contaminación dunha maneira divertida e artística.

Evolution Circus estará instalado na Av. Castelao, Coia do 6 ao 22 de marzo no seguinte horario:

Do 6 ao 22 de marzo 2020

Xoves 19 de marzo ? 19h

Venres 6, 13 e 20 de marzo ? 19h

Sábados 7, 14 e 21 de marzo ? 17h e 19h45

Domingos 8, 15 e 22 de marzo ? 18h

Galego

Compañía IO: '4 segundos'

4 segundos foi o tempo que lle levou a ese montón de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluiuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, da vida e do autocoñecemento. 4 segundos lémbranos ao animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida. 



Galego

¿Y ahora qué?

A eterna pregunta que nos facemos tódalas persoas algunha vez ... Unha casa, 910 metros de corda e catro mulleres, cada unha nun momento vital distinto.

Paula, de volátil personalidade; Susana, cadriculada ata a loucura e, Eva, desesperada por ter un bebé. Elas tres conviven con Magda, unha pintora de maior idade, da que a súa experiencia serviralles as outras compañeiras de gran utilidade.

Con esta mestura, ¡todo pode pasar!

Humor surrealista, con un toque poético e esperanzador.

Galego

Chungo Ke Te Cagas

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Gañador do Premio do Público do Mundoclown 2008 e recentes xiras por Canarias, Madrid, Brasil, Portugal, Palestina, Cataluña, Asturias, ....

Galego

The Show Moscón

The Show Moscón é un circo ambulante de varietés, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un maravilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior.

Galego

El Inolvidable Viaje de Nana

Nana está preñada e pouco a pouco decátase de como o seu corpo comeza a cambiar para xa nunca máis volver a ser un, senon dous. Nana ten a sensación de ter subido a un globo aerostático e camiñar polo aire durante nove meses. E máis. O seu bebé nacerá, farase neno, xoven, adulto e pai.
A inesquecible viaxe de Nana, unha viaxe en globo que sobrevoa o terreo insondable do ciclo da vida.

Interpretación: Alicia Trueba

Galego

Crunch!

Elenco: Óscar Paez e Dani Blanco.

Onde están cando se lles necesita?

É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

The Show Moscón

The Show Moscón é un circo ambulante de "varietés", presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia El retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company o Mago LiozShem.

Galego

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo