Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Horas de Outono

Dous vellos coinciden nun parque. O vello, un rosmón mal encarado, négase a que ninguén goce da vida. A vella sente pracer por todo, especialmente polo sol. Entran nun xogo de poder onde o vello fracasa constantemente.

A peza forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Galego

Hell brothers

Rejhuz e Clakghs Setén son a filla e o fillo de Satán. O seu pai, farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspiran­do a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmos. 

Galego

Funky Party

Ao ritmo de música discotequera dos '80, este par de zancudos non pararán de bailar, animando a todos os presentes a que se unan a súa Funky-Party móbil polas rúas da Vila.

Galego

Circo Moc Moc

Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo dunha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas e moita interacción co público. O Circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, que fará vibrar a todo o público coa súa maxia.

Adaptable tanto a interior como a exterior; consultar condicións técnicas en cada caso.

 

Galego

Petit Cabaré

Petit cabaré é un espectáculo realizado por tres artistas da compañía Pista Catro que ofrecen ao espectador pequenos fragmentos showcase que permiten ao programador elexir entre a ampla variedade de artistas de Pistacatro.

 

Galego

Emportats

A través do xogo co visible e non visible, facendo uso de linguaxes como o musical, o humorístico ou o poético, xorden imaxes e ideas orixinais cuxa estética mergulla ao espectador nunha viaxe atractiva para os sentidos. É un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía van máis aló dos límites establecidos e onde a indiferenza non está entre as posibilidades.

Emportats é o resultado do traballo duro onde o proceso é importante, no que os seus protagonistas saen de todo para ensinarnos o que levan dentro.

Galego

Gran gala de Circo: Ruactiva

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de Gala de Circo e Humor donde están presentes as mellores compañías do momento.

A Gala de Circo consta de varios elementos:
- Banda de Música ao Vivo.
- Compañía de Acrobacias aéreas: trapecio, corda, telas ...
- Compañía de clown ou maxia.
- Compañía de teatro de rúa e humor.
- Presentador/a

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías do teatro e circo galegos.
 

Galego

Chungo Ke Te Cagas

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Gañador do Premio do Público do Mundoclown 2008 e recentes xiras por Canarias, Madrid, Brasil, Portugal, Palestina, Cataluña, Asturias, ....

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo