Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

C´est pas Possible

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille en escena.

Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vai ser alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer aquilo que cría imposible.

Unha viaxe cara ao reencontro cun mesmo e o pracer de vivir e compartir.

Galego

Sexo Seguro, ¿Seguro? ¡Seguro!

Que é o sexo? Que é o amor? É o sexo mellor que o amor? Por onde comeza o amor? Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesmo?
Un espectáculo que aborda temas complexos e escabrosos dende unha perspectiva cómica, sen restarlles importancia, pero quitando o veo que a sociedade impón. Un show feminista e proLGTBQ+ (e todas as letras que queiras). A interacción constante co público crea unha atmosfera de comunicación na que flúe a emoción de ida e volta, entrando aos xogos que a artista propón e propóndoos con eles. 

Galego

I Artiklown: Circonelo

Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e enxeño. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo.

Galego

I Artiklown: Asacocirco show

Este espectáculo nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito. Estes son os dous clowns deste divertido mini circo que nace da fusión dos dous pallasos e do público. Un especáculo que parte da maxia do teatro de rúa e onde as risas están aseguradas.
As personaxes irrompen en escena alborotando cas súas ganas de protagonismo. A partir de aquí, xorde a presentación, un número de maxia cómica, números de mazas, bolas e acrobacias mesturados con xogos participativos co público. Todo isto en clave de humor que fará que o público asistente goce da función.

Galego

I Artiklown: Only Cucko

Benvidos ao teatro: senta e déixate levar. Este espectáculo comeza co nacemento dun pallaso. A palabra desaparece, a emoción e a improvisación convértense na linguaxe principal e, o tempo, transfórmase na urxencia por vivir. Cucko, só quere xogar, aprender, experimentar, fracasar… e, sobre todo, divertirse cun público que esqueceu que é iso de rir coma nenos. A risa é efémera e por iso a desexamos con tanta forza. Comeza o espectáculo!

Galego

Pistacatro: Drop

Drop é un proxecto de circo contemporáneo e de investigación tanto técnica como dramatúrxica para afondar nos códigos propios desta arte e poñelos en valor. Un proxecto para demostrar que o malabarismo ten moito máis percorrido que o bufón de feira ou que o pallaso de rúa. Sen desmerecer eses clichés de malabaristas aos que pertencemos agora ou noutro tempo con honra e devoción, pretendemos agrandar o espectro artístico desta arte, con conceptos algo máis contemporáneos.

Autor: Pablo Reboleiro/Pistacatro Productora de Soños

Dirección: Pablo Reboleiro

Galego

Punkdemia. Novo espectáculo viral

Pankdemia é a nova proposta da compañía Peter Punk Pallaso, un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión particar dos novos tempos que nos toca vivir da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas,EPIs, equilibrios, e moitas risas. 

Un novo espectáculo xa que xa está en desescalada... Próximamente nas rúas!

 

Galego

Celestina la TragiCLOWNmedia

Unha proposta escénica de circo, teatro e clow engarza o destino de Calisto e Melibea.

A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celstina proxeneta que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, encarna a conflitiva sociedade do século XV.

Galego

Drop

Drop é un proxecto de circo contemporáneo e de investigación tanto técnica como dramatúrxica para afondar nos códigos propios desta arte e poñelos en valor. Un proxecto para demostrar que o malabarismo ten moito máis percorrido que o bufón de feira ou que o pallaso de rúa. Sen desmerecer eses clichés de malabaristas aos que pertencemos agora ou noutro tempo con honra e devoción, pretendemos agrandar o espectro artístico desta arte, con conceptos algo máis contemporáneos.

Elenco: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Guillermo Porta Gómez, Santiago Montero, Nacho Muñoz

Galego

LeTriska Inmobile

sla Le Triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo e clown con excentricidades e xogos co público. Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: incribles malabares, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público, cantar ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo