Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nono

"Nono", un inocente clown que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía, un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina, aínda que ao final, sempre se acaban resolvendo con moito humor.  Podendo gozar de incríbles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito máis.
Todo isto, nunha combinación de mimo, malabares, manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras.

 

 

Galego

Un día de praia

Raquel e Girisho ofrécelles un espectáculo de circo-teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción:

“Un día de praia”. Un show que combina trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética.

Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Galego

Quimera

QUIMERA é unha viaxe onírica que nos acerca a traverso da fantasía a un mundo de ilusión, é un tránsito entre o real e o imaxinario que anima o personaxe a alcanzar eses soños ocultos que sempre tivo por inalcanzables.

Soños onde unha escaleira pode chegar a converterse nunha perfecta compañeira de baile, en amante, madre e esposa duns fermosos nenos-escada. Soños onde o amor convértese en motor das nosas vidas.

Elenco: Gabriel Prada

Galego

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

MeRe-cidamente

David Merelas é MeReClown, un personaxe directo, descarado e extrovertido que o mesmo te sorprende cun equilibrio imposible que cunha tolemia das súas, sendo a interacción directa co público a súa marca persoal.

Comezou a súa andaina nas artes escénicas da man da Asociación Cultural Manicómicos de A Coruña. Prosegue o seu camiño a través da escola de circo CIRCONOVE de Santiago de Compostela e formándose en clown co método Dallaireda man dos mestres do clownda escola francesa “Hangar des Mines”. Actualmente prosegue a súa formación co director internacional WalterVelázquez.

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

AparvaOlimpiadas

Un amago de atleta polipatético se verá involucrado en multitude de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura remata sendo un desastre, tenta acadar o éxito nos deportes máis coñecidose o único que logra é o fracaso máis absoluto.

Logrará acadar a ansiada medalla?

Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para rematar coa vitoria máis ridícula xamáis vista na historia.

Elenco: David Merelas

Galego

Rogelio

Rogelio, leva pechado na casa 20 años, no instituto facíanlle Bullin. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos está no último chanzo.

Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a máxia. Se hoxe sae todo ben, danlle o alta médica e mañá vai a ter a cita máis importante da súa vida.

Galego

Riscando o ceo

Riscando o ceo  lévanos a un mundo onde o circo aparece  en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias, e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas.

Porque "o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón" (Antoine de Saint-Exupery, O principiño).

 Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe no risco e no humor. Un espectáculo de circo que emocionará  a todos os públicos a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés

Galego

Psychodelia

A festa chega á rúa!, ao ritmo da música “psicodélica”, as diferentes personaxes invitarán a todos a participar da troula. Alegría e diversión nun pasarrúas cheo de cor.

A música envolve o teu corpo, a cor anega as rúas, espirais, círculos, e formas interminables enredan o teu pensamento…, non podes máis que deixarte levar pola algarabía, pola troula, polas redes de… Psychodelia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo