Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Evolution

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Como a terra, un seixo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seo un fenómeno único, a diversidade da vida...

O circo, a danza e o teatro serán as ferramentas para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espacio, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do noso destino.

Galego

Oh Olimpiadas!

Que pasaría se a nosa vida fose sincronizada como o Tour de Francia ou como os saltos sincronizados? E se nos comportásemos como certos deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo baséase no cotián da vida retransmitida como un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real son mesturados nunha quimera de disparate continuo. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e os portes acrobáticos.

Galego

4.0

Espectáculo no que se misturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia sitúanos a unha muller e o seu día a día intentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade, amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, terna e por momentos absurda.  

Un fantástico espectáculo de aéreos que suma á súa espectacularidade: contido, unha historia necesaria e unha coidada dirección e posta en escena.

Galego

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

Involución

Elenco: Alfredo Pérez

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Cómo a terra, algo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida?

O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Galego

La sala de Catapumchimpum

Elenco: Erica González

Esta obra, do mesmo xeito que a súa primeira parte: La fábrica de cuentos I- El laboratorio créanse coa intención de achegar aos nenos ao mundo dos contos á vez que lles tento afastar do mundo da tecnoloxía. 

Os nenos cada vez len menos , porque dedican todo o seu tempo a outras tarefas, sen pararse a pensar que as fábricas de contos seguen abertas, e que cada día sae un novo conto. 

 

Eles terán que ser partícipes deste oficio no momento que descubrimos que os meus axudantes fóronse de vacacións.

 

Galego

A galiña azul

Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas no ala dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara que pon ovos de cores! A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidaridade, destinado ao público infantil, no que se usan monicreques, traballo actoral, música e cancións.

Galego

Futuro Animal

En Futuro animal, a idea de fábula como xénero de ficción serve de punto de partida para construír un (auto)retrato das características universais da natureza humana, cos seus vicios e os seus costumes. Así, a potencia social, discursiva e poética do circo contemporáneo ponse ao servizo dunha visión distópica do futuro, no que os seres humanos están transformando voluntariamente os seus corpos nos de animais.

Galego

Rogelio: un pallaso en recuperación

Rogelio leva pechado na súa casa 20 anos. No instituto facíanlle Bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último chanzo. Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a maxia. Se hoxe sae todo ben, danlle o alta médica. Iso so se cura coa axuda do público.

Un espectáculo de clown dende un pallaso que non ten moito filtro e que precisa do público como un elemento máis do espectáculo.

Maxia, escapismo, clown e moitas sorpresas máis.

Galego

Involución

 

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Cómo a terra, algo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida?

O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo