Drop
Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, rechamantes ou discretos pero, non están vivos.

Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, rechamantes ou discretos pero, non están vivos.
The Show Moscón é un circo ambulante de varietés, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un maravilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior.
SÓ é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero SÓ é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.
Un personaxe único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.
Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento convértase nunha agradable aventura.
La Coquette trátase dun espectáculo de aéreos con Rossina Castelli e Abraham Pavón como protagonistas, no que achegan ao público unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio, escada e verticais. Todo isto sen esquecer o humor e o clown, que acompañan a espectacularidade dos números da troupe de Kanbahiota e axudan a conformar un espectáculo acrobático para toda a familia, realmente orixinal e novidoso.
En Rastafarudi hai dende música ao vivo até malabarismo, pasando por coreografías en tutú e un streap-tease a base de gargalladas. E, no medio e medio, Rudi Dudi. O clown –belga, mais universal– crea un espectáculo xurdido da maxia e da forza que veñen do máis fondo, directamente do corazón. Nesta peza, preséntasenos un antigo ritual para que a xente se deite todas as noites coa esperanza no mundo intacta. Ao parecer, María Callas e Elvis, Bob Marley e Michael Jackson, e tamén Madonna e Lady Gaga, mantiveron vivo este ritual. Pero só Rudi Dudi se atreve a ensinarllo ao mundo.
Que pasa cando dúas amigas non se ven dende hai tempo? Que se traen entre elas?
Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa ao redor desta casa sen paredes
Risas, mimos, líos e anécdotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ...
Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a súa intimidade co público achegado.
Elementos: Mástil chinés, acrobacia, manipulación de obxectos dende o prisma do teatro físico e a danza contemporánea.
Compañia Duelirium. Formada por Raquel Oitavén e Mercé Solé.
A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes.
Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa.
Os espectadoares están directamente implicados en todo o espectáculo
Patty Diphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E vén traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor. Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intentará, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para iso todas as habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inchando globos e incuso meténdose dentro deles!!
Como conseguir evitar que o medo te paralice, cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para todo o público, os adultos, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazasó apoiodo público, Patty conseguirá chegaró máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.