Circo de rúa
Espectáculo de Novo Circo polas rúas.

Espectáculo de Novo Circo polas rúas.
Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estallan guerras, epidemias, falta de amor...deixando ao circo na máis absoluta decandencia. Os supervivintes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver a mostrar a súa arte ao público. Serán capaces de lembrar como era o espectáculo? De como funcionaba o circo?
KARPATY é un espectáculo único de clown, malabares, acrobacias, maxia e música en directo que non deixará a ninguén indiferente.
Antes é Mellor é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na movilidade cobra vida e terminará por conducir sen conductor nunha rutina musical e circense que pode levarlles a Eurovisión.
En residencia no Circ Cric este espectáculo estreouse en Umore Azoka, tendo pasado ademáis por outros festivais e eventos importantes como FETÉN, Fira del Circ de La Bisbal, Fitec de Getafe, Enclave de Calle...
Un personaje obsesivo, cuadriculado y meticuloso. Un ser único en su especie rodeado de un sin fin de cajas que escapan a su control y con las que juega para dar forma a su mundo. Del caos surge un universo delirante donde inventa la risa, creando una locura cómica y transformándose en un nuevo ser con una nueva figura.
Nas tebras da noite agóchanse seres descoñecidos, deambulan sen rumbo alimentándose da enerxía da escuridade.
Baixo o universo das sombras agardan o seu momento para facerse ver, confundindo os nosos sentidos, apoderándose do tempo para xurdir entre a néboa coa sua demencia, delirio e caos infinito, amosando o gran poder que lles da a escuridade.
Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras os seus súbditos.
Blame, dende o seu trono, xenera o ambiente de caos a través da percusión e os seus temas de estilo hardcore.
O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!
O espectáculo Poi responde a unha procura física de malabares e manipulación, pero tamén a unha investigación artesá con respecto á construción de peonzas que o propio artista deseña e constrúe. Esta exploración de diferentes tipos de madeiras, formas e puntas de apoio permitiulle a creación de peonzas persoais e especiais por exemplo una das peonzas máis grandes do mundo lanzada por unha soa persoa cun peso de 45 kg que el mesmo arroxa cunha corda de máis de 15 metros.
Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?
Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!
Espectáculo de circo e clown en favor da igualdadede xénero para concienciar na colaboración das tarefas domésticas dunha forma diferente e divertida.
Reestreado na súa nova versión definitiva en agosto do 2022
Fran Boza estrea o seu primeiro espectáculo, Malabarabilidades, e vai deixar ao público abraiado pola súa calidade técnica.
Un novo artista no panorama galego que ven a cubrir a necesidade de esquisitez técnica cun nivel impresionante nun espectáculo cunha linguaxe sinxela, divertida, accesible e números cheos de dificultade para conseguir o abraio dos espectadores.
Presentamos ao auténtico rei dos malabares!
Miliki é un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. Unha noite escribe o seu desexo no Libro de todas as Viaxes. O seu poder é tan forte, que o seu mundo énchese de luz, son e cor: acróbatas, músicos e trapecistas asolagan o seu universo.
Entre todos eles destacan Don Pepito e Don José, dous personaxes requetefinos e medio chiflados que lle axudarán a conseguir o seu ansiado nariz de pallaso. Astracán e Tosca, os príncipes da anticomedia, farán todo o posible por desviar ao pequeno Miliki do seu marabilloso camiño.