Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

YOLO (You only live once) - Cía. Lucas Escobedo

Mediante diferentes disciplinas de circo como son as acrobacias, os malabares, as técnicas aéreas ou o humor, presentamos diferentes situacións, aparentemente imposibles, nun espectáculo con música en directo para todos os públicos.

Queremos que YOLO supoña unha revolución no espectador. YOLO é, e pretender ser, o soño de alguén feito realidade.

Premio FETEN 2019 ao mellor espectáculo de Gran Formato
Premio de circo Premis de lles Arts Escéniques  Valencianes 2019

Galego

MeRe-cidamente

David Merelas é MeReClown, un personaxe directo, descarado e extrovertido que che sorprende tanto cun equilibrio imposible que cunha tolemia das súas, sendo a interacción directa co público a súa marca persoal.

Comezou a súa andaina nas artes escénicas da man da Asociación Cultural Manicómicos da Coruña. Prosegue o seu camiño a través da escola de circo CIRCONOVE de Santiago de Compostela e formándose en clown co método Dallaireda man dos mestres do clown dá escola francesa "Hangar deas Mines".

Galego

Un día de praia

Raquel Veganzones e Girisho Gordon ofrecen un espectáculo de circo-teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: Un día de praia.

Un show que combina trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética, apto para todos os públicos. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Galego

Peix

Un espectáculo de rúa de pequeno formato baseado nas disciplinas do circo e o pallaso. Unha reflexión, desde a poética do absurdo, sobre a mallorquinidade, sobre o impacto do turismo, sobre a loita de poderes, sobre o baleiro, o silencio e a soidade fronte á inmensidade, sobre a ridiculez de facernos maiores e a nostalxia de ser pequenos. Unha viaxe metafórica cara ás profundidades humanas para procurar o que nos impulsa a seguir nadando, remando a pesar da magnitude e a forza imprevisible e sempre sorprendente da ondada.

Galego

O fakir Flakin

O Fakir Flakin é un curioso personaxe que un dia decidiou sair polo mundo adiante en busca de sabiduria e coñecimento. Viaxou por moitos paises e aprendeu de grandes mestres en terras orientais. Agora chega a Galicia, seguindo o camiño en busca da enerxia e embruxo desta máxica terra.

Polo camiño o fakir aprendeu diferentes técnicas ancestrais que lle permiten facer levitar obxectos e incribles equilibrios. Para dar feitos os seus trucos, ás veces o fakir necesitará que o publico lle bote a súa mellor enerxia e vibracións.

Galego

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Drop

Elenco: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Guillermo Porta Gómez, Santiago Montero e Nacho Muñoz

Sinoprse:

Galego

Cuacac!

Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é cómo xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. En CUACAC!, atopámonos cun personaxe torpe e caótico que amósa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caidas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as suas debilidades se transforman nas suas fortalezas.

Galego

Polis tolos

Estes policías encargaranse de poñer orde e respecto nas rúas, á súa maneira!!. Personaxes cómicos que basearán a súa animación na interacción constante con todos os peóns, á vez que publicitan e difunden a actividade que se lles encomende.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo