Novo circo

Galego
Taxonomy Imagen png: 

SuperHarte

Como conseguir evitar que o medo te paralice, cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para todo o público, os adultos, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazas ao apoio do público, Patty conseguirá chegar ao máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.

Galego

Rogelio III. La Féte

Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música e sobre todo moito humor.

Rogelio 3. La fête é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

Galego

Fire Performance

Unha parella de guerreiros forxados polo amor e a batalla fan unha danza poderosa e cargada de emoción que deslumbra con efectos visuais impresionantes. É unha ofrenda aos deuses do lume de todas as tradicións ancestrais. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma explosiva de transformar as técnicas de manipulación con lume a un espectáculo espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo. Un espectáculo potente e místico que promete un experiencia visual e sensorial inesquecible.

Galego

Se non soño non son

No seu terceiro espectáculo de clown unipersoal, Rudi Dudi dá un paseo, co público da man, por un arco da vella de emocións. Mimo, baile excéntrico, música, maxia e malabares son algúns dos ingredientes dun show divertido, sorprendente e moi interactivo, que nos amosa as diferentes cores que cada un levamos dentro.

Galego

Glamping

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.

Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?

Que pasa cando se torcen as cousas?

"O roce fai o cariño", din...

Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.

Galego

Pachamama

Vehículo con equipo de son onde o noso batería sacará ritmos electro-tribais en directo, e irá acompañado de catro marionetas xigantes, con coreografías,  luz e pirotecnia, e moita interacción co público.

Galego

Circo de lume

Unha experiencia explosiva e ardente de acción sen pausas! "Circo de Lume" está deseñado para captar toda a túa atención, darche calor e deixarche hipnotizado. Este show ofrece unha infinidade de números vibrantes que fusionan danza, malabares, pirotecnia, conexión próxima co público e unha faísca de humor impredicible. Cada acto brilla con efectos visuais asombrosos elevando a técnica de manipulación con lume á súa máxima expresión. Un show que leva a arte de lume a novas alturas e que desafía os límites do posible

Galego

Chungo que te cagas

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

Galego

Abracadaver

Abracadaver é un espectáculo de circo terrorificamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos. A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver.

Galego

Circo Cambuche

Obra de teatro-circo que narra en clave de traxicomedia a historia dun antigo circo do século pasado, “O Circo Cambuche”

  Kike Castro, o derradeiro supervivente deste vello circo, lembra no presente a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final.

  Tódolos domingos pola tarde, o noso protagonista visita a vella carpa da familia e alí, embriagado polas lembranzas do circo, xoga, maquillase e fantasea actuando para un público imaxinario

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novo circo