Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Corpo & Movemento

Corpo & Movemento ofrece cinema, música, circo, teatro e danza. 

Coreografía do efémero baseada nos rigores da improvisación a nivel de movemento, implementando nas ruínas do Convento de San Francisco nos Xardíns da Real Maestranza da Coruña, o traballo corporal e sonoro sintetizado previamente nunha cámara anecoica: bailaranse as texturas sonoras e de movemento elaboradas e descubrimentos no laboratorio. Un só de danza con música en directo xerada con sintetizador modular, que se atopa adscrito ao proxecto de creación «teorema».

Galego

Escenas en danza

Galicia conta con multitude de creadoras en continuo crecemento tanto persoal como profesional. Estas seis coreógrafas e bailarinas son un boa mostra. Todas traballan o discurso dos seus proxectos a través do movemento usando o seu corpo como o lugar da creación.

Desde o concepto do feminino os seus traballos destilan feminismo como materia conceptual e a súa estratexia non é outra que a procura constante do que a danza lles suxire para levala ao lugar que lle corresponde nas artes escénicas

Galego

Intensional Particle + Conferencia de Hiroaki

Unha liña horizontal proxectada na pantalla treme. De súpeto, a liña multiplícase drasticamente coma se descargase a súa enerxía inmanente. Do mesmo xeito, cando Umeda treme no escenario, a enerxía oculta retida no seu corpo transmítese desde a pelvis á columna vertebral, aos brazos, e finalmente á pantalla, na que a enerxía se visualiza mediante liñas curvas que lembran unha coroa solar.

Galego

Erritu

A partir da danza tradicional vasca, a compañía Kukai Dantza vén presentando, dende fai case vinte anos e en paralelo ás creacións propias, distintas colaboracións con coreógrafos convidados. Este é o caso de Erritu no que se acompañan do coreógrafo israelí afincado en Madrid, Sharon Fridman. 

Erritu é unha viaxe vital que atravesa mediante ritos de paso individuais e colectivos os distintos estados da vida en relación coa natureza e coa comunidade. Estados que van desde o nacemento ao caos, pasando polo deserto da soidade, ata chegar ao encontro, o amor e, finalmente, a morte.

Galego

Bailar agora

O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 ofrece esta peza dirixida e interpretada por Marta Alonso Tejada. É unha sorte de imperativo cara a un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

Galego

Juana

Abordamos un proxecto en que a muller é protagonista. Juana é un nome que se repite na historia en mulleres que deixaron un legado histórico, especialmente no que se refire ás súas formas de vivir máis aló do que se lles tiña predestinado polo seu xénero e época. Unha pegada indeleble sobre a que as sucesivas xeracións de mulleres e homes camiñamos deixando, da mesma maneira, novos vestixios dos nosos pasos en cada lugar, en cada época.

Galego

Gondomar en contacto

Actividade do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 pertencente ao Festival Gondomar en Contacto, que busca o coñecemento e utilización do medio natural que nos rodea e o achegamento entre mozos e mozas galegos que se dedican á danza.

Intervención de danza na exposición de obras de Marían Pérez, Gabriel Vázquez e Begoña Ferreira.

Galego

Gondomar en contacto

Actividade do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 pertencente ao Festival Gondomar en Contacto, que busca o coñecemento e utilización do medio natural que nos rodea e o achegamento entre mozos e mozas galegos que se dedican á danza.

Marián Pérez, Gabriel Vázquez e Begoña Ferreira mostran a súa obra.

Galego

Gondomar en contacto

Actividade do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 pertencente ao Festival Gondomar en Contacto, que busca o coñecemento e utilización do medio natural que nos rodea e o achegamento entre mozos e mozas galegos que se dedican á danza

Galego

Gondomar en contacto

Actividade do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 pertencente ao Festival Gondomar en Contacto, que busca o coñecemento e utilización do medio natural que nos rodea e o achegamento entre a mocidade galega que se dedica á danza.

Música de Marina Vigo e Marilú Campos, que acompañan a danza de Leodan Rodríguez, Clara Ferrao e Lkina

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza