Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O raro é que bailar sexa raro

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complejiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.

Galego

Escenas do cambio 2021: Escenas en danza

Galicia conta con multitude de creadoras en continuo crecemento tanto persoal como profesional. Estas seis coreógrafas e bailarinas son un boa mostra. Todas traballan o discurso dos seus proxectos a través do movemento usando o seu corpo como o lugar da creación. Desde o concepto do feminino os seus traballos destilan feminismo como materia conceptual e a súa estratexia non é outra que a procura constante do que a danza lles suxire para levala ao lugar que lle corresponde nas artes escénicas.

Galego

Instante Gradual

Kirenia Danza é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz.

A súa proposta coreográfica, Instante Gradual, foi seleccionada na primeira convocatoria de Movilidad Europea I- Portunus, para unha residencia artística en Matera, Capital Europea da Cultura 2019 e outras tres cidades na Rexión da Lucania.

Galego

Bobbli Jene

Bobbi Jene é unha bailarina americana de renome que creceu profesionalmente na Compañía de Danza Batsheva en Israel. Pero despois de 10 anos de éxito e fama, a prestixiosa bailarina toma a difícil decisión de volver aos Estados Unidos e traballar de forma independente.

Con 30 anos e locamente namorada dun mozo bailarín israelí, deberá afrontar o dilema de abandonar a zona de confort e aceptar as inevitables consecuencias que conleva a ambición. Todo iso, co obxectivo de loitar pola súa arte en solitario, que se converterá en máis persoal e rompedor que nunca.

Galego

Mirá Miró

Un espectáculo de danza e animación de vídeo para os máis pequenos, que nace do universo de Joan Miró. A obra enmárcase nunha selección da súa obra gráfica. As súas vivas cores, as formas xeométricas e a aparente totipotencia das figuras e personaxes estimulan a fantasía, deixando entrever que todo é posible. De forma máxica as pinturas adquiren vida e transpórtannos a un universo imaxinario. A aventura dunha viaxe ao cosmos enche de descubrimentos e sorpresas.

Galego

Spotlight

A peza constrúese mediante un proceso de investigación e residencias artísticas. Espazo inhóspito, onde sentimos sós e observados. Quen está máis aló, non estamos sós, acompaña aos intérpretes constantemente. Un raio de luz que esperta neles a dúbida.  "A adrenalina ante o descoñecido esperta os impulsos de alerta máis primitivos en nós".

 

Galego

In between

O espectáculo «In between» de Mikel Aristegui é ese espazo entre os canons do home e da muller, entre o masculino e o feminino, a definición do xénero non binario, a necesidade de entrar nunha dinámica de xénero fluído que protexa á persoa como tal, máis aló do sexo que poida representar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza