Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Amparo ao outro lado

Peza documental e só de danza contemporánea ao redor da figura de Emilia Pardo Bazán e a súa obra.

O proxecto Amparo ao outro lado ofrece unha experiencia multisensorial ao redor da figura da autora Emilia Pardo Bazán.

O evento conta cunha peza de danza contemporánea, un documental e un encontro coa artista. Este formato permítelle ao público coñecer desde as voces das mulleres que acompañan a figura de Emilia ata o presente, a historia e a pegada da autora no movemento feminista galego.

Programa:

Galego

SinTempo

SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en definitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora neste momento presente que vive o seu corpo e a súa conciencia.

Galego

O que non se escribe: Sa Mateixa

Xotas, cassettes, ibiza- trips, electro- cantigas, cantos. En Sa Mateixa, dous bailaríns e tres músicos atoparon unha linguaxe común que le o pasado para levalo cara ao presente. A través dunha fotografía familiar dispárase un percorrido cara á tradición desde a contemporaneidade. Con sensibilidade, poesía e humor debúxanse as cantigas e a electrónica, a polca, a xota, o campo e a cidade, o xogo e o ritual, a espontaneidade da vida e a presenza eterna dos devanceiros.

Galego

Em-na

A peza EM·NA baséase na idea de vibración como elemento manipulador. É unha investigación sobre a acústica subcutánea a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidad individual.

A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidad contemporánea, espida, crúa e cotiá.

Galego

Debut

Debut é un só onde a intérprete ou performer atravesa un acto de iniciación fronte ao público co obxectivo de ser aceptada, de ser amada a final de contas.

Galego

Señora

A pel é o órgano máis grande do corpo  humano, posuímos unha superficie

aproximada de dous metros cadrados e pesa  ao redor de 5 kg, case toda a nosa  información está aí. Un día a miña pel dixo: es  unha señora. Todo empezou a cambiar, a transformarse.  Tanto tempo amando e sendo  amada, tanto tempo amando e sendo  amada, tanto tempo amando e sendo  amada, tanto amor, tanto amor. Amores,  desamores, pactos, rupturas, dramas, maxia  universal, o cosmos,  mercurio  retrógrado.

Galego

Emigrantas

O actual fenómeno migratorio é o punto de partida deste espectáculo, no que dous intérpretes tecen unha coreografía sobre a emigración da  súa xeración.

Unha peza de danza na que bailan datos, vivencias, intuicións sobre a diáspora galega, tendo presente en cada movemento as anteriores.

Os movementos enérxicos, a música e o texto envolven as escenas evocando ás emigrantas de aquí e alá que levan dentro as súas músicas, as súas paisaxes, a súa morriña.

Galego

Non hai que ser unha casa para ter fantasmas

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixos fundamentais: o Aikido (arte marcial xaponés) e a danza contemporánea, complementados con outras técnicas corporais como o teatro físico e a danza Butoh, esta úlima tamén de orixe xaponesa. Interésanos experimentar como absorber, desde unha fisicalidad occidental, algúns preceptos físicos orientais sendo conscientes desta diferenciación cultural e investigando como facela nosa.

Galego

Nina Ninette

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por ser máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sente a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos é moi fácil entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue? Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do ballet triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Galego

Don Quijote - The Russian State Ballet of Viacheslav Gordeev

Ballet Don Quijote é unha das mellores creacións do famoso coreógrafo Marius Petipa. Por primeira vez a obra foi presentada no teatro Bolshoi de Moscova en decembro do 1869. A música para este ballet foi composta polo compositor austriaco Ludwig Minkus polo encargo do mesmo Petipa.

O brillo e o carisma do espectáculo, o seu sentido de humor atraen dunha maneira máxica cada vez máis xeracións dos bailaríns, coreógrafos e espectadores.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza