Menú de contos
Historias e cancións de medo e risa, de tristeza e alegría para abrir o apetito de contos.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Historias e cancións de medo e risa, de tristeza e alegría para abrir o apetito de contos.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Cando chove miudiño, o mellor son uns contiños. Se chove a caldeiros, contarémolos por milleiros.
Xa caen as primeiras pingas, pinguiñas que nos han de mollar. Que veña logo, ímolas escoitar!
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Imos navegar por continentes perdidos, viaxaremos en barcos pantasma, atoparémonos con naufraxios, piratas, monstros mariños, sereas... contaremos historias das divindades mariñas e habitantes do fondo do mar.
Atraca neste peirao dos contos mollados e descubrirás as marabillas que se ocultan máis aló dos límites do descoñecido.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Sesión de contacontos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Integrantes da FAPXG interpretan contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Os inocentes nace da operación de pulido e compulsa co público, ata lograr a forma definitiva do relato escénico, a técnica que leva anos traballando Quico Cadaval. Con Os inocentes logra un espectáculo de sorprendente coherencia, coa aparición dun retablo da inocencia.
Durante o verán, diferentes prazas, rúas e barrios de Vigo acollen No verán... un conto, con actividades para público infantil, familiar e adulto. Contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música, cantigas, contos en lingua de signos ou regueifas son algunhas das actividades previstas.
O programa de artes escénicas Vive o Camiño ofrecerá durante este verán máis de 40 actividades gratuítas e dirixidas a todos os públicos, que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa. Desde finais deste mes de xuño e ata o próximo mes de setembro, esta iniciativa de promoción e dinamización dos itinerarios xacobeos encherá de música e teatro numerosas rúas e prazas das provincias de Pontevedra e A Coruña.
Como parte deste programa, actuará en Dodro o contacontos Anxo Moure.
Programa organizado por Turismo de Galicia.
Veño de lonxe sobre o mar de escume e prata, do lugar onde a Lúa baila polas noites coas melfas. Na miña maleta tráiovos historias. Historias para escoitar e ulir, salgadas coma os personaxes incribles que me acompañan. O meu nome é Manuel Antonio. Son mariño. Son poeta.
Trátase dun espectáculo de stand-up comedy escrito e interpretado por Luis Piedrahita. Unha vez máis, este artista sae en defensa de todos eses pequenos seres aos que non se lles trata co respecto que merecen. Luis ofrecerá unha hora e vinte de show, de risos e emocións, sen máis artificios que a súa personalidade, a súa voz e o seu corpo.
Neste espectáculo, Piedrahita volve á carga cunha recompilación dos seus textos máis coñecidos destinada a divertir e emocionar.
Novo repertorio de Filipa e Fran: narración, teatralización, musicalización… A protagonista é a homenaxeada das Letras Galegas 2018, M.ª Victoria Moreno, e o seu libro Mar adiante, adaptando contos incluídos nesta obra. Haberá tamén contos populares sen esquecer a música en directo, contos cantados, xogos e bo humor. Espectáculo participativo para público famliar.
Para nenos e nenas de 4 a 11 anos.