PequeNiños
7 contos (e cantos) narrados dun modo interactivo. Moreas de niños que, en vez de ovos, teñen contos que me contou un paxariño.
Na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Duración: 30 minutos.
7 contos (e cantos) narrados dun modo interactivo. Moreas de niños que, en vez de ovos, teñen contos que me contou un paxariño.
Na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Duración: 30 minutos.
Tópez ten que descubrir por que o xabaril está a estregar todo no bosque ou por que molesta e asusta aos demais. Unha historia que trata de entender e escoitar as persoas antes de xulgalas.
Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos, na ludoteca. Dración: 40-45 minutos.
Os contos son como bolboretas, ou millor, como avionciños de papel…. Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza…… E todos eses avións-contos van voando cara o seu país, O PAÍS DOS CONTOS. Duración: 35-40 min. aprox. Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa. De 0 a 3 anos.
Contos, xogos e cancións para desfrutar en familia. Duración: 30-35 min. aprox. Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa. De 0 a 3 anos.
So this month we will be learning about animals: what animals live on the farm, what they do on the farm and what noises they make. We will make a sculpture with plasticine of their favourite animals to take home. // Este mes aprenderemos cousas sobre os animais: que animais viven na granxa, que fan nela e que ruídos fan. Faremos unha escultura con plastilina do animal favorito de cada un para levar para casa. Duración: 60 minutos aprox. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.
A barca máis laranxa é unha viaxe a lagoa de Antela para pescar contos na infancia de Casares e homenaxear ao escritor das Letras Galegas 2017.
Duración: 45 min.
Aprox. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.
Nela narrararase oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida do autor, e farase un obradoiro de debuxo no que guiados polo ilustrador realizaremos unha caricatura do autor.
Capacidade: 35 nenos/as.
Inscrición previa.
A partir de 3 anos.
Neste mundo diferente o público forma parte do espectáculo fundíndose entre cordas, panos, cartas, globos e outros elementos máxicos. Duración: 45 min. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.
Bebecontos infantil 'Os cinco sentidos' por Xeitura - Xestión Integral do Patrimonio Cultural.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en bebés e descubrindo a creatividade individual e colectiva ao tempo que se fomenta a interrelación familiar.
Lugar: sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Para bebés de 3 meses a 24 meses..
Data: sábado 6 de maio ás 12 horas
15 prazas.
A música de violín e os contos fabricados polo Contador de Contos con Efecto Retardado combínanse e entrelázanse nun novelo de historias que se irán desfiando de vagariño, nas que tropezaremos coa invención de cousas estrambóticas e imposibles
HORARIO: 12:00
PÚBLICO DESTINATARIO: Nenas e nenos de + 4 anos
Entrada libre