Oriente máxico
Queres que che conte unha historia extraordinaria e marabillosa?
Viaxaremos a un mundo onde evocaremos ese lugar máxico onde todo é posible. Hai historias de aventuras, mulleres intelixentes que vencen a brutalidade do rei, piratas, xenios, xigantes... De Persia a Exipto, da India ao Magreb, a forza da palabra sempre pode salvarnos das situacións máis complicadas.
No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.