Colorín colorado, ao cole vou encantado
Sesión de contos con motivo do comezo do cole, a cargo da compañía Expresión Contacontos (Manuel Solla).
Actividade destinada a nenos e nenas de 4 a 8 anos.
Entrada de balde, ata completar aforo.

Sesión de contos con motivo do comezo do cole, a cargo da compañía Expresión Contacontos (Manuel Solla).
Actividade destinada a nenos e nenas de 4 a 8 anos.
Entrada de balde, ata completar aforo.
Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais
O teatro pode ser un refuxio, unha loucura de persoas crentes na ilusión.
Ás veces a poesía resiste cando menos o esperas.
Vivir na rúa pode ter múltiples caras, pero nunca a de renderse.
O fracaso e o éxito igual non se levan ben, o que si fan é convivir eternamente.
Marcos Pereiro é todo un camaleón do humor e do audiovisual en Galicia.
Contos e cantos para xogar ao agocho con imaxes e palabras, para xogar ao "veo, veo" e as adiviñas, para descobrir o mundo xuntos, cunha ollada curiosa e ollos sorrintes.
25 nenos/as de 1 a 3 anos, acompañados dun adulto.
Inscrición previa no formulario de solicitude, vía web ou ben presencialmente na propia biblioteca.
Ian & Elisa reunen maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fio conductor facendo que grandes e pequenos disfruten dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.
Actividade para nenos de entre 4 e 12 anos.
Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposíbeis, historias de nenas e nenos coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.
Actividade para nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.
Tring, tring, tring! Miska e Muska son grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta! Tras un inesperado reencontro, comezarán a rememorar historias que viviron xuntas; lembraranse de cando se coñeceron, nunha tola viaxe polo mundo; de Lolo, que aprendeu el só a ir en bici; da pita da tía Amelia, que quería uns patíns; e da peculiar carreira entre unha lebre e unha tartaruga.
Unha nova aventura dos Ratos de Lonxedetodo. O ciclo da vida e o respeto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo.
Unha nena soña con ser astronauta e poder viaxar polo espazo.
Ven e descubre se consegue cumprir o seu soño!
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.