Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A escola de Lonxedetodo

A gran Lilí Gruyère, ratiña de sona internacional, vaise facer cargo da escola da súa aldea natal. Nesta escola o xogo e as artes teñen unha especial importancia.

Nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Sábado 27 de outubro, ás 12:00 horas. Ludoteca da Sala Infantil

 

Galego

Contos en familia

Sesión na que o lúdico e o pedagóxico mestúranse nun contacontos, unha charla didáctica con consellos para achegar os libros ás crianzas, lecturas novas fronte aos clásicos, recursos web, coeducación, etc. e unha exposición de libros esenciais.

Para público familiar.

No salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 25 nenos e nenas de 0 a 6 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado por un adulto.

Galego

Trick or treat

Queres ir a unha festa de Halloween? Por que non ves á casa de Mrs Hallows? Ven chamar á súa porta con nós e descubrirás por que dicimos Trick or Treat en Halloween.

Mrs Hallows necesítache para que a axudes a escarmentar un visitante non desexado cun bo susto.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Contando en feminino

Achéganse historias contadas desde a perspectiva de xénero para concienciar ao público infantil. Historias nas que o rol feminino non sexa o tradicional. Xogando e contando apréndese a formar en igualdade.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Os contos do Traxugas

Traxugas son, como traxugas me criei e como bo traxugas moitos contos contarei. Así é como me chama a miña avoa e así é como, dende a tradición ata a actualidade, compartiremos unha longa viaxe. Temos convidados moi especiais: un raposo que esquece as cousas, unha gata danzarina que monta unha boa festa subindo ás árbores e moitas sorpresas que quedan por descubrir traxugueando!. 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Paxariños

Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí.  No xardín hai un niño, tureló.  No niño hai un ovo, turelí.  Espera  que dese ovo enorme que nos amosa, naza un paxariño. E fai tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible.

Galego

Contos para bebés

Actividade para bebés de 0 a 3 anos, a cargo da Pavís Pavós

Necesaria inscrición e recollida de *invitacións a partir do luns 1 de outubro na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 15 92 50 de 9:00 a 20:30h.

*As invitacións recolleranse na planta baixa (información)

Galego

Os contos do Grúfalo

Os contos do Grúfalo é un espectáculo de narración oral protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais que viven no bosque e todos o queren papar, pero de todos eles consegue salvarse con moita astucia e recurrindo a un ser imaxinario chamado Grúfalo, unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal.

Galego

A arte de emocionarte

Que os nenos e nenas aprendan a poñer nome ás súas emocións é unha das bases dunha boa intelixencia emocional. A través dos contos é posible identificalas, adestralas, converténdoos así en adultos máis felices.

Nenos e nenas de entre 4 e 14 anos
Colectivos con necesidades especiais: Persoas con Síndrome de Down e outros colectivos con trastornos leves do neurodesarrollo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral