Contos, cantos e festa
Sesión de contos especial polo día da biblioteca a cargo da compañía Migallas Teatro.
Entrada de balde, ata completar aforo.

Sesión de contos especial polo día da biblioteca a cargo da compañía Migallas Teatro.
Entrada de balde, ata completar aforo.
José Antonio Godoy móstrache como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, móstrache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.
No salón de actos, aberto, hasta completar aforo. Duración: 45 minutos
Storytime... Phantom manor
Jane e Bunny múdanse a unha enorme mansión. O que no saben é que na súa nova casa vive unha una pantasa cun problema gordo… xa non dá medo a ninguén!
A cargo de Kids&Us
Sesión de contos e obradoiro de debuxos a cargo da compañía Polo Correo do Vento para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Lugo acolle a nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nesta ocasión, a revista leva por título Xente daquela maneira! Historias de fatos, falsarios, estafadores, impostores, carteiristas, malpocados,aluados, traslidos…
Participarán Paco Nieto, Enma Alonso, Marcelo Castro, Orestes Currás e Xosé Miranda. Tundal porá a ambientación musical.
Ramiro Neira fala sobre o importantes que son os avós para os pequenos.
Para nenos e nenas de 1 a 3 anos. Prazas limitadas, é necesario recoller invitación. Reservar ou recoller desde o luns anterior ás 12 h na sala infantil ou no 988 78 83 95.
Durante a actividade péchase a sala infantil (aprox. 1 hora)
Soledad Felloza conta a historia de Valentín, que soña con saír do carrusel no que vive. Para nenos e nenas de 1 a 3 anos. Prazas limitadas, é necesario recoller invitación. Reservar ou recoller desde o luns anterior ás 12 h na sala infantil ou no 988 78 83 95.
Durante a actividade péchase a sala infantil (aprox. 1 hora)
Susana Villar achega os seus contiños e xogos cada martes aos rapaces da biblioteca. Para nenos de 4 a 7 anos. Prazas limitadas. Inscricións dende o luns anterior ás 12 h na sala infantil ou no teléfono 988 78 83 95
Actividade para rapaces inquietos e con ganas de aprender. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Prazas limitadas. Inscrición na sala infantil ou no 988 78 83 95 desde o luns anterior ás 12 h.
Contacontos sobre o bullying que se desenvolve en dúas partes: unha primeira onde contamos a historia e unha segunda un pequeno debate sobre o tema, na que os nenos califican o comportamento das personaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que lles entregamos, e entre todos intentamos corrixir os feitos que non nos gustan.