Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Oficina de obxectos perdidos

Por que os máis pequenos e pequenas e os que non son tan cativos/as gardan un cachiño de papel, unha variña queimada dos fogetes que tiran nas festas, unha conchiña recollida na praia, unha flor, unha pedra, un cachiño de tela……? Todos eles son obxectos que se van xuntando nunha caixiña. Por que os pais e nais queren que se tiren eses recordos se eles mesmos gardan unha caixiña semellante á dos nenos?   Esas caixiñas non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas do pobo, dos veráns na praia.

Galego

A maxia dos bosques

Brais recibe unha carta (en papel reciclado) do seu curmanciño advertíndolle de que se está a perder a maxia do bosque por causa dos incendios da man do malvado Lumemor e que sen bosques definitivamente non haberá maxia.
Lembrándolle a  historia da vella meiga Chantada coa axuda de vasoiras  e variñas máxicas (feitas con madeira de diferentes árbores autóctonas) transforma a nenas e nenos da biblioteca en paxariños, lobiñas, corzos, miquiñas…., para salvar ese lugar de fragas e soutos que é onde nacen os contos “a maxia dos bosques”.

Galego

O xornal de Lonxedetodo

A gran Lilí Gruyère preséntanos o Xornal de Lonxedetodo, no que se recollen as novas mais importantes que acontecen na aldea e no mundo dos contos. Nesta ocasión, aproveitará para presentar o que será o próximo disco que vai lanzar a querida ratiña - artista.

Espectáculo da compañía Trinke Trinke.

22 de decembro, ás 12:00 horas. Sala Infantil.

Entrada libre.

Galego

Outono de contos

Segunda parte da iniciativa posta en marcha polo Concello da Laracha para achegar unha programación propia aos nenos e nenas da zona. Outono de contos constará de cinco contacontos e dous obradoiros infantís.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral