Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bebecontos “Ssshhhh... ! A durmir!”

O meu neno pequeno /
quérese durmir. /
Cántanlle os galos, o kikirikí.

 

Olga Cuervo tráenos contos, cancións, poemas e adiviñas para durmir.
Este "bebecontos" está baseado en todo aquilo que rodea o sono. Porque a hora de durmir é moi importante a idades tenras, tratará de axudar a pais e nais dándolles recursos para que lles sexa máis doado.
E, por suposto, farao de forma amena e divertida para captar a atención dos e das máis pequenos/-as.

 

Galego

Contacontos “A vida na selva”

Os ratos de Lonxedetodo son moi viaxeiros. Fuco vén de pasar unha temporada na selva, e alí puido observar con desagrado como impera a lei do máis forte. Basicamente, observou que na selva faise... o que lle peta ao seu rei, o león.

Este é o novo e divertido contacontos de Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

 

Data: 2 de febreiro

Horario: Ás 12:00 horas

Lugar: Na Ludoteca da Sala infantil e xuvenil

Galego

Chimpo de rá

Nano é maior e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irma pequena, cae, non sabe, e rise dela. Nano ten ciumes de Nona, “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeño outra vez… Sesión de contacontos con obxectos e monicreques para bebés.

Duración: 35 minutos. 

Nenos e nenas entre 0 e 3 anos.

Galego

Os contos do chupete

Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos e cativas poderán escoitar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Con inscricións a partir do 7 de xaneiro, luns, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.

25 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto.

Para bebés de 0 a 3 anos.

 

Galego

4 (CATRO)

Veño de lonxe sobre o mar de escuma e prata, do lugar onde a Lúa baila polas noites coas melgas. Na miña maleta traiovos historias. Historias para escoitar e ulir, salgadas coma as personaxes incribles que me acompañan. O meu nome é Manuel Antonio. Son mariño. Son poeta.

Duración: 45 min.

Galego

Un, dous, tres contos ao dereito e ao revés

Hai quen escoita sentado, hai quen escoita de pé, quen o fai do dereito e quen o fai do revés. Viches as nubes entre os teus pés? E a auga subir por unha parede? Os contos de hoxe non teñen cabeza nin pés, mírelos por onde os mires, nin o un, nin o dous, nin o tres. Duración: 45 minutos aprox. De 0 a 3 anos. Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 440.

 

Galego

Contando coa ciencia

Explicar a través dun conto, como a ciencia está connosco no día a día. Como xuntando dúas cores primarias conseguimos unha nova cor. Ou que se xuntamos auga e aceite non conseguimos mesturalos, así como outros moitos experimentos que podemos facer en casa. Duración: 45 min. aprox.  A partir de 4 anos. Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 440.

 

Galego

Falar por falar

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.

Galego

Familia? Non grazas

Elenco: Pedro Brandariz Gómez

Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral