Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bebecontos

O Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral chega a Vigo! Momentos de complicidade e sensibilidade cos máis pequenos e pequenas da casa. Historias, nanas, xogos, cantigas e moitos libros.

Contacontos en castelán para bebés de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Avións de papel

Os contos son como bolboretas, ou mellor, como avionciños de papel…. Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza…… E todos eses avións-contos van voando cara o seu país, O PAÍS DOS CONTOS.

Duración: 35-40 min. aprox.
De 0 a 3 anos.

Galego

A meniña gaiteira

Espectáculo que xira arredor da vida e obra de Rosalía de Castro, no que se recrea o seu primeiro poemario en galego, Cantares gallegos, de inspiración popular, con música e recitacións baseadas na experiencia de Servando Barreiro como músico e cantor tradicional. 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Tecín soia a miña tea

Lisístrata fai unha homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas.

Este espectáculo amosa unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro ("eu quería ser actriz e non me deixaron").

Unha Rosalía ás veces divertida, outras, reivindicativa, dura.

Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.

Galego

The messy playroom

Mousy decide visitar a su amiga Linda e levarlle un agasallo.

Que lle podería dar? Os mellores agasallos sempre son os que pode facer un mesmo investindo tempo e esforzo.

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral