A detective Peregrina e o insólito "Caso Antón Fraguas"
Sesión de contos e obradoiro de debuxos a cargo da compañía Polo Correo do Vento para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Sesión de contos e obradoiro de debuxos a cargo da compañía Polo Correo do Vento para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Nano está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nano non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.
Con inscricións a partir do luns 22 de abril na biblioteca (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.
25 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto.
Lugar: Sala de obradoiros
Para bebés de 0 a 4 anos.
Acompañade o músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano(o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e de pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
No salón de actos, ata completar aforo. Duración: 55 minutos
No mundo dos bichos todos teñen unha función. Abre ben as orelliñas e presta moita atención.
Sesión na que a través dos contos, obxetos e cancións trasladamos ao bebé ao marabilloso mundo dos animais.
Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos na ludoteca. Duración: 30 minutos
Sesión de contos na que a contadora peta nas portas dalgúns libros para convidar ao público a mergullarse nas súas historias.
Para nenas e nenos de 3 a 10 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Hai libros grandes e pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais... libros que nos fan vivir momentos irrepetibles.
Os libros espertan a nosa imaxinación e fannos sentir protagonistas das historias.
Celebramos o Día do Libro tecendo soños nas máxicas historias que se agochan nos libros.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Descubre as aventuras de Sam cando vai visitar á súa avoa.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Unha chea de contos para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE”, pola Compañía do TRINKE TRINKE
Sinopse argumental
A aldea de Lonxedetodo é unha comunidade democrática na que toda a veciñanza contribúe ao ben común pagando os seus impostos. Grazas a isto Lonxedetodo conta con colexio público, teatro público, piscina pública, escola pública de música e un longo etcétera de servizos que fan máis agradable a vida da ratiños e ratiñas.
Data: Sábado 27 de abril, ás 12:00 horas
Lugar: Ludoteca da Sala Infantil
Canta, soña, ríe.... todo é posible nesta actividade donde os contos cántanse coa música familiar de Luis Vallecillo.
Para a infancia a partir dos tres anos.