Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ohhhhh! Os contos de Candelaria, a bibliotecaria

Érase unha vez unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartiu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Desde entón levo libros pop-up, libros de imaxes, libros grandes e pequenos, libros sorpresa e libros-xogo para goce de pequenas e pequenos, pero tamén de maiores. E todos rematan sempre cun "Ohhhhh!". Para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Mitos e lendas de Galiza

Contamos a nosa historia máis máxica, lendas e contos populares que nos axuden a entender. Historias de trasnos e feitizos, encantos, mitoloxía e temas históricos e de cabaleiros. Historias que chegaron a nós grazas a persoeiros como Antonio Fraguas a quen a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas deste ano.
 

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Lendas da noite

A cargo de Mai Lúa. Ao caer do día, no lusco e fusco, as historias saen do maxín. Historias perdidas na lembranza do tempo, de seres que moran nos bosques e estraños acontecementos envoltos nas brumas do pasado. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Kenka un kenko!

Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!! chorou a nena. E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu.

Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…

Galego

Old Macdonald had a Farm// O vello Macdonald tiña unha granxa

So this month we will be learning about animals: what animals live on the farm, what they do on the farm and what noises they make.  We will make a sculpture with plasticine of their favourite animals to take home. //  Este mes aprenderemos cousas sobre os animais: que animais viven na granxa, que fan nela e que ruídos fan. Faremos unha escultura con plastilina do animal favorito de cada un para levar para casa. 

Duración: 60 minutos aprox.

Inscrición previa. A partir de 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

As lendas de Galicia

É unha peza en clave de contacontos en homenaxe ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas, onde narramos a través do teatro de papel e do Kamishibai tradicional xaponés, un guión baseado en varias lendas e mitos tradicionais galegos.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Galego

Pegadas de paz

Historias de paz entre xente que vive en terras diferentes, pero tamén entre veciños, entre irmáns, aínda que a súa raza sexa diferente, historias de esperanza para todos os que desexen celebrar e herdar un mundo en paz.

Idade: de 4 anos en adiante.

É necesario recoller invitación.

Duración: 45 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral