Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

As historia viaxeiras

Un espectáculo de narración oral que combina a manipulación do kamishibai (teatro tradicional xaponés que usa o papel) e a técnica lumínica emaki con escenarios despregables pop-up e revisións únicas desta técnica teatral. As historia viaxeiras permitirá descubrir lendas e contos chegados dos diferentes continentes. 

Para cativos de 4 a 11 anos 

Galego

O cataventos e outras historias de Vilaxeada

En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen galo, un cataventos… As pitas do curral, que coñecen ben o que acontece, reúnense de cando en vez para contar as historias da aldea: como apareceu o cataventos da igrexa, como quedou o curral sen galo e que lle pasou a outros personaxes e animais que por alí vivían.

Contacontos baseado nos relatos de Mª Victoria Moreno.

Duración: 45 minutos aprox.

A partir de tres anos.

Galego

A viaxe de Lup

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a súa nai, por iso todo o mundo o chama Lup. Lup, un día, preparou a súa maleta e foi dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, unha chupeta… unha chupeta! Unha chupeta é unha cousa para levar nunha viaxe tan divertida? Espectáculo de contos con son, versos e pequenos obxectos.

Para bebés de 1 a 2 anos.

Cómpre reservar praza.

Galego

O raposo Rufo

Actividade baseada na colección de libros de O raposo Rufo, con contacontos nos que se fará partícipes aos nenos, e obradoiro final para que os pequenos desenvolvan o visto na actividade. Os libros de Rufo tratan sobre os valores, a reciclaxe, a natureza e o seu coidado, alimentación, bos hábitos...

Para nenas e nenos entre 4 e 11 anos.

Galego

Storytime The Far West

Volve a hora do conto en inglés ou StoryTime. 

O StoryTime é a representación dunha historia a través de diferentes personaxes, cancións e material complementario, para asegurar que os nenos poidan gozar dun espectáculo en inglés. Nesta ocasión Kids&Us Coruña levará aos asistentes ata o lonxano Oeste co StoryTime The Far West.

Galego

Fábulas

Unha xuntanza de corvos vellos, cheos de experiencias, é o punto de partida desta actividade, na que se poderán descubrir diferentes animais e como son. 

A partir de 5 anos 

Galego

Raposadas

Raposadas é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.

A historia segue a unha raposa, moi lista e moi curiosa, á que lle gusta vivir libre no monte pero tamén visitar de cando en cando a aldea para ver xogar aos cativos e escoitar os contos que lles contan na lareira. 

Galego

A maxia dos contos

Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos irá introducindo aos espectadores e espectadoras no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantásticos que nela habitan.

Galego

Comerá o bebé?

A música en directo enfía contos, poemas, retrousos e xogos de man... todo para intentar que un bebé coma. Con este punto de partida, o espectáculo repasa parte da tradición oral e literaria, nunha verdadeira animación á lectura en familia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral