Cantacontos
Os contos lévannos a un mundo de fantasía para poder soñar e crecer imaxinando. As verbas combínanse coas imaxes e cos sons para dotar o espectáculo dun universo propio, o universo das historias narradas, escoitadas e sentidas dende o corazón. Cantamos, bailamos, e soñamos un contacontos diferente.
Duración: 30 minutos.
Idade: de 0 a 3 anos.
É necesario recoller invitación.

