Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gatuxo, de Magín Blanco

Espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué.
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da infancia e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é titiriteiro cos obxectos cos que salta e, por suposto, é o narrador da súa propia historia. Gatuxo é a semente da arte mesma.

Galego

A carreta pantasma

A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á
 escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

Galego

Contiños con Susana

Sesións de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada.

Actividade para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

Precísase inscrición previa ben presenciamente ou chamando aos números de teléfono 988 788385 e 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.

 

Galego

Chiquicontos: Contos no Ar

O 2º e 4º xoves do mes volve a Chiquiteca á Sala Infantil da Biblioteca.

Contacontos para bebés de 0 a 3 anos.

Para asistir a esta actividade precísase inscrición previa que coma sempre pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfono 988 788385 ou 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.

Galego

Ohhhhh! Os contos de Candelaria, a bibliotecaria

Érase unha vez unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartiu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Desde entón levo libros pop-up, libros de imaxes, libros grandes e pequenos, libros sorpresa e libros-xogo para goce de pequenas e pequenos, pero tamén de maiores. E todos rematan sempre cun "Ohhhhh!". 

Idade: para todos os públicos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Ohhhhh! Os contos de Candelaria, a bibliotecaria

Érase unha vez unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartiu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Desde entón levo libros pop-up, libros de imaxes, libros grandes e pequenos, libros sorpresa e libros-xogo para goce de pequenas e pequenos, pero tamén de maiores. E todos rematan sempre cun "Ohhhhh!". 

Idade: para todos os públicos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A biblioteca máxica

Neste espectáculo as pequenas e pequenos participantes amosan as técnicas e xogos aprendidos durante o obradoiro de iniciación á maxia con David Méndez.

Para público familiar. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un día, na biblioteca

Moitas das historias que se contan poderían empezar así: "Un día, na biblioteca atopei unha historia. Queres que cha conte?"

Un libro é un tesouro. Entrar nun libro é vivir outra vida.

As bibliotecas son lugares que gardan tesouros e maxia. Vés á biblioteca?

Para nenas e nenos a partir de 4 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O oso celíaco de Sonia

ACEGA (Asociación de celíacos de Galicia) organiza este contacontos co obxectivo principal achegar a Enfermidade Celíaca aos máis pequenos, dunha maneira divertida. Non vai dirixida unicamente aos nenos e nenas celíacos, senón que é un conto que achega a todos os pequenos a Enfermidade Celíaca, dando a coñecer á sociedade nosa problemática e fomentando a integración social dos nenos e nenas que a padecen.

Non é necesaria inscrición previa, prazas ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral