Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos moi naturais

En defensa da natureza e do medio ambiente, contamos contos que falan da contaminación, dos incendios, do amor aos animais... porque nós tamén
somos parte da natureza, somos naturais como as árbores e a auga.
Xogando e contando, defendemos e concienciámonos da importancia do noso habitar no mundo, para así aprender a respectalo e coidalo debidamente.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Storytelling

Os contacontos en inglés son unha maneira ideal de desenvolver a imaxinación dos cativos e fomentar o gusto pola literatura, ao mesmo tempo que se mergullan na lingua estranxeira de xeito natural e divertido.

Haberá dúas sesións, a primeira ás18:00 horas, para 20 nenas e nenos de 0 a 7 anos, e a segunda ás19:00 horas, para 20 nenas e nenos de 8 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minustos cada sesión.

Galego

Familias diversas

FAMILIAS DIVERSAS, contacontos pola Cía. do Trinke Trinke

Sinopse argumental:

A Ratiña Carolina non sabe o que quere ser de maior. Hoxe vainos presentar un feixe das súas profesións favoritas a través dun xogo! Entre rimas e disfraces teremos que ir adiviñando de que profesións se trata.

Cal escollerá finalmente?

Galego

A nena que quería serrr?... Nenaaa

A NENA QUE QUERÍA SERR?... NENAAA, contacontos por Fátima Fernández

Uxía estaba cansa de que todo o mundo lle preguntase que quería ser de maior. Ela non sabía que contestar. O único que quería é que a deixasen xogar, por iso contestaba, EU SÓ QUERO SER UNHA NENA

Sábado 21 de setembro, ás 12 horas

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos

Ludoteca da Sala Infantil

Entrada de balde

Galego

Somos iguais

SOMOS IGUAIS, contacontos por Raquel Queizás

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles.

Galego

O censor de monstros

Cristovo, ten un traballo moi especial, é "censor de monstros" con el descubriremos os  seres fantásticos que
habitan na Galicia. Unha viaxe inolvidable pola nosa terra meiga, onde
coñeceredes de primeira mán as personaxes mitoloxicas que aínda viven entres
nós. Vivirá algún preto de ti e non o sabes?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral