Travesías
Raquel Queizás, presenta:
TRAVESÍAS

Raquel Queizás, presenta:
TRAVESÍAS
Contacontos, por Ana Vizcaíno Nieto
Nenos e nenas de 4 a 8 anos.
Obradoiro. Deseño de marcapáxinas customizado coa túa muller favorita.
1. A filósofa: Hipatia
2. A matemática: Ada Lovelace
3. A física e química : Marie Curie
4. A médica e astronauta: Mae Jemison
5. A arquitecta: Zaha Hadid
6. A escritora: Virginia Wolf
7. A nena: Malala Yousafzai
8. A activista: Rosa Parks
9. A modelo sudanesa: Alek Wek
Sábado, 9 de marzo ás 12:00 horas. Ludoteca da Sala Infantil
Cando chove miudiño
o mellor son uns contiños.
Se chove a caldeiros
contarémolos por milleiros.
Xa caen as primeiras pingas,
pinguiñas que nos han de mollar.
Que veñan logo.
ímolas escoitar!
Así comeza CHOVE!, unha sesión de contos para bebés acompañados das súas familias. Mollarémonos de historias, de cantos, de rimas, de risas... E se chove, deixa chover.
Para 30 nenos e nenas de 0 a 3 anos na ludoteca.
Contos nos que as protagonistas se revelan ante o que a sociedade agarda delas. De estamentos sociais diferentes semellan iguais na súa loita pola liberdade.
Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos na ludoteca. Duración: 45 minutos
Actividade impulsada polas Regueifeiras da Semente, un grupo de rapazas e rapaces de 9 anos e o seu profesor, Séchu Sende, que queren convidar a máis nenas e nenos e xente nova a coñecer a improvisación oral en verso.
Esta actividade ten como obxectivos vincular a regueifa ao imaxinario literario e cinematográfico de Harry Potter, do que son siareiras; visibilizar a regueifa como vehículo de expresión cultural popular (pop) e protagonizada pola infancia e a xuventude e promover a lingua galega como instrumento de socialización da infancia e da sociedade.
Actividade en inglés sobre o Antroido. Para xogar e aprender palabras relacionadas con esta celebración.
Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 12:15. Tédeo en conta ao coller a vosa invitación!
Idade: de 4 anos en adiante.
É necesario recoller invitación.
O Festival Atlántica de Narración Oral tráenos contos tradicionais de Xapón. Son de temas e aspectos moi diversos. As tramas van dende campesiños dos arrozais a nobres da corte imperial, de animais e monstros, de dragóns e bolboretas, poéticos e picarescos.
Yoshi interactúa co público transformando as súas palabras nun pincel que ilustra con claridade, humor e sensibilidade as historias e os costumes do país do afastado oriente.
Historias para participar, cantar, rir e emocionarse.
Duración: 45 min.
Idade: de 4 anos en adiante.
O Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral chega a Vigo! Momentos de complicidade e sensibilidade cos máis pequenos e pequenas da casa. Historias, nanas, xogos, cantigas e moitos libros.
Contacontos en castelán para bebés de 0 a 3 anos.
É necesario recoller invitación.
Contos, cancións e xogos para nenos de 0 a 3 anos para gozar en familia.
Duración: 30 - 35 mín. aprox.
Inscrición previa.
Cambiar a visión do mundo a través dos contos.
Neste contacontos narraranse varias pezas que poñen o acento sobre as relacións de igualdade desde a infancia, tratando ao mesmo tempo valores como a convivencia, igualdade ou empatía entre outros.
Duración: 45 minutos.
Idade: de 4 anos en ademlante.