Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Discover your inner powers

“Descobre os teus poderes ocultos”. Esta sesión trata de descubrir as túas super poderes ocultos e utilizalos para facer o ben. Pescudaremos o que os verdadeiros superheroes fan e como usan os seus poderes. Despois os nenos/as crearán os seus propios escudos de armas e pegaranosr á súa capa e isto converteraos en verdadeiros heroes da vida real.

Duración: 60 min.

Galego

A música da auga

A historia comenza recuperando a cultura tradicional do “espertar das augas”, continuando o ciclo da auga a través do percurso dun río (O Minho).

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Chove!

Cando chove miudiño, o mellor son uns contiños. Se chove a caldeiros, contarémolos por milleiros.
Xa caen as primeiras pingas, pinguiñas que nos han de mollar. Que veña logo, ímolas escoitar!

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

É necesario recoller invitación

Galego

Narrando a Rosalía

Con este espectáculo intentamos achegar historias da tradición oral galega partindo de textos de Rosalía de Castro a nenos e nenas mantendo as historias e trocando  o xeito de achegalas.

 

Duración: 45 minutos. Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos na ludoteca.

Galego

O xogo de Nano

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogaran? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

 

Duración: 35 minutos. Na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Galego

Contacontos “Buscando a Rosalía”

"Que bela e caprichosa é a alegría", dicía Rosalía de Castro. Para proba, a que produce Raquel Queizás co seu orixinal contacontos.

O argumento deste espectáculo de narración oral é o seguinte: búscase nena moi imaxinativa, á que lle encante facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior e escribirá con pluma e corazón.

Será... Rosalía de Castro!

 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

 

Data: 23 de febreiro

Horario: Ás 12:00 horas

Galego

Contos en lingua de signos

Contacontos en LINGUA DE SIGNOS

Miguel e Blanca, membros da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), volven á Biblioteca cos seus entretidos contos en lingua de signos.

Unha actividade pensada para todos os públicos, non oíntes ou si.

Data: 25 de maio, ás 12:00 horas

Lugar: Na Ludoteca da Sala infantil e xuvenil

Entrada libre ata completar o aforo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral