Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sobre rodas!

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público.

Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos.

Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Galego

Tanatorium

Un home entra nun tanatorio xusto no momento no que se lles vai a luz. A escuridade, o forzado silencio e a incómoda humidade que se respira no recibidor, evócalle un soliloquio co que percorre trazos de distintas vidas ata chegar á súa propia.

Varias historias con personaxes díscolos que provocan situacións disparatadas, teñen como resultado este espectáculo compacto, rotundo, emotivo, sorprendente e terriblemente divertido.

Galego

Raposadas

A cargo de Raquel Queizás.

Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos

Galego

Story Times

Kids&Us invítate á hora do conto en inglés!

As Storytimes son representacións teatrais 100% en inglés que conteñen distintos personaxes, cancións e material complementario. Diríxense a nenos e nenas de 3 a 9 anos. Cada representación ten unha duración aproximada de 30 minutos.

O centro Kids&Us encargarase de toda a xestión do espectáculo. Tanto dos actores como dos axudantes teñen un dominio total do inglés e grandes habilidades escénicas.

 

 

O espectáculo está aberto a todo o público e é de balde.

Galego

O Apalpador

Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores, viaxa dende o cerne da Serra do Caurel para contarlle a nenas e nenos historias e contos sobre a comida ecolóxica, sobre a alimentación saudable e sobre a necesidade de coidar a natureza, respectar os bosques, ríos e regatos para garantir a nosa saúde.

Galego

Nadal

 O Nadal é o final dun ano. Unha etapa máxica. Unha festa cálida na que pode acontecer calquera cousa... 

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral