Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A sala de Catapunchimpúm

Se en "Fabrica de contos" dábanos un paseo polo laboratorio da mesma onde se fabrican os contos, esta nova sala lévanos a dar co final dos contos, o verdadeiro final. Que é dos contos unha vez fabricados no laboratorio? De novo estou sen axudantes así que os visitantes a fabríca serán os que se aventuren comigo para tomar a decisión máis importante dos contos... o final. Duración: 45 minutos.

A partir de 3 anos. Inscrición previa.

Aforo: 35 nenos/as.

Galego

O misterio do torque

O Museo encherase de misterio da man de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, voz e ilustrador, respectivamente, dos contos de Polo Correo do Vento. Achegarannos a unha das historias da intrépida detective Peregrina, que tentará resolver un misterioso caso.

Rematado o conto, os cativos e cativas poderán participar nun obradoiro de debuxo guiados da man do ilustrador, así como ir ver os auténticos torques do museo.

Galego

Maruxiña e a busca da palabra no tempo

Este contacontos mestura sombras chinescas, narración oral e kamishibai. Coñeceremos a osa Maruxiña, que escribe poemas na súa lingua materna. Desde moi pequena escoita a lenda da biblioteca máís antiga do mundo, e cando medra busca o valor para facer unha viaxe e atopala. Alí encontrará os textos de María Mariño, Fany Garrido, Rosalia de Castro e doutras mulleres importantes para Galicia.

Galego

Chiquiclub: Chimpos de ra

Raquel Galavís visítanos de novo con Nano, que xa é maior e dá grandes chimpos de ra. Nona, a súa irma pequena, non sabe; cae e Nano e rise dela. Nano ten ciumes de Nona, pensa que agora todos os agarimos son para ela. Nona para aquí, Nona para alá... Quere volver ser pequeno outra vez…

Xoves 14 de decembro ás 18 h. Precísase convite. Podedes retirar ou reservar os convites dende o sábado anterior ás 10 h, na Sala infantil ou no teléfono 988 78 83 95.

Galego

Chiquiclub: A memoria das estrelas

Nesta viaxe con Raquel Galavís mergullámonos nunha historia interactiva acompañados dos sons do universo e as verbas das estrelas, para descubrir como se formaron os planetas e a nosa terra. 

Xoves 23 de novembro ás 18 h. Precísase convite. Podedes retirar ou reservar os convites dende o sábado anterior ás 10 h, na Sala infantil ou no teléfono 988 78 83 95.

Galego

Chiquiclub: Mamá, papá, pipí

Por medio de contos, xogos e cancións, Olga Cuervo tentará axudarnos a enfrontar do mellor xeito ese crítico momento de sacar o cueiro ao bebé.

Xoves, 9 de novembro, ás 18 h. Precísase convite. Pódense retirar ou reservar os convites dende o sábado anterior ás 10 h, na Sala infantil ou non teléfono 988 78 83 95.

 

Galego

Chiquiclub: Pim, pam, pum. Contos de colorines para crecer sorrindo

Gema Pardo achega un espectáculo de música, contos e moita cor que percorre o fantástico mundo da imaxinación a través da estimulación temperá e o xogo.

Xoves 26 ás 18 h. Precísase invitación. Podedes recoller ou reservar as invitacións dende o sábado anterior á actividade ás 10 h, na Sala Infantil ou no teléfono 988 78 83 95.

 

 

Galego

Mulleres galegas

As bibliotecas poden escoller un contacontos ilustrado adicado a algunha das seguintes mulleres galegas: Ángeles Alvariño (oceanógrafa), Antonia Ferrín (astrónoma), Rebeca Atencia (veterinaria), Maruja Mallo (pintora).

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral