Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O ratiño presumido

A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do musical A ratiña presumida, para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco.

Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: O ratiño presumido, que será representado na biblioteca polos país, nais ou mestres asistentes e polo propio Fuco.  

Galego

Poesía sen idade

Convidámosche a coñecer e gozar a poesía, a descubrir a tradición oral dos recitais, e coñecer como se atopa máis preto do que pensamos.

Servando Barreiro ponlle música aos nosos poetas.

Na sala multiusos, para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos. Duración: 45 min.

Galego

Ollo, piollo!

Contos e cantos para xogar ao agocho con imaxes e palabras, para xogar ao “veo, veo” e as adiviñas, para descubrir o mundo, xuntos, cunha ollada curiosa e ollos sorrintes. 

Para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos, na ludoteca. Duración: 30 minutos.

Galego

En boca pechada non entran contos

Un menú moi elaborado cos mellores nutrientes para levarnos de alí alimentado o estómago, o cerebro e o corazón. Os nosos comensais irán elixindo os seus pratos segundo o menú de contos que teñamos ese día. Se non abres a boca (para pedir) non entrarán contos...

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

CHOVE MIUDIÑO

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837, a actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga Soledad Felloza achegará aos nenos os versos de Rosalía co o seu espectáculo "Chove miudiño" 

Nenos/as de 4 a 12 anos

Galego

Tirando do fío para os máis pequeniños

Tirando do fío é unha invitación a aloumiñarse, a adiviñar, a escoitar sons e a cantar, a xogar, a confiar... Pero tamén a tirar dos fíos das historias que se enredan nas nosas orellas e mans. Unha invitación a descubrir esas historias.

Para nenos/as de 0 a 3 anos.

​30 prazas. Inscrición previa no formulario de solicitudeUnha vez rematado o prazo de solicitude avisaremos vía e-correo ou teléfono dos admitidos

Galego

Comerá o bebé?

Esta dúbida fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral